Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 28/02/2020 | Actualizada ás 15:15
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que o vídeo documental 'Fame de experiencias', co que se promocionou turísticamente a provincia durante 2019, foi premiado no Golden City Gate en ITB Berlín, unha das feiras turísticas internacionais de referencia.
"Non podo estar máis contenta", dixo Carmela Silva ao dar a noticia deste primeiro premio. Ademais, destacou que Pontevedra ten "un modelo diferente de promocionar a provincia que nos fai únicos".
Tamén fixo fincapé no talento que atesoura este territorio, mencionando o traballo feito pola produtora Esmerarte na realización deste vídeo. O galardón será entregado o xoves 5 de marzo.
Este vídeo tamén se atopa entre os 15 finalistas da TV & Filme Awards de New York Festivals. O de Rías Baixas terá que competir coas producións presentadas por Madrid, Azerbaijan, Dinamarca, Portugal, Francia, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapura e Noruega. O resultado coñecerase a finais de marzo.
Este vídeo promocional de Pontevedra xa recibiu en Fitur o premio ao mellor audiovisual entre máis de 60 traballos candidatos a este recoñecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.