O Concello da Coruña incorporará 38 policías locais

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O portavoz do goberno local coruñés, José Manuel Lage, anunciou, no pleno da Corporación municipal, que o concello incorporará este ano 38 policías locais co obxectivo de "mellorar" a seguridade cidadá.

"Estamos a tomar decisións para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase o cadro de persoal deste servizo municipal", sentenciou a este respecto.

O concelleiro de Economía e Facenda anunciou, en concreto que o próximo 10 de marzo sete axentes entrarán en servizo, tamén como funcionarios de carreira tras o período de prácticas, e que o próximo 12 de marzo comezarán o seu período formativo outros 23 axentes que entrarán na academia "e que estarán a traballar nas rúas da cidade este verán".

Este anuncio enmárcase na previsión de mobilizar 413 prazas de traballadores e traballadoras municipais entre este ano e o próximo. Lage asegurou que case a metade destas prazas serán de nova creación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta