GC sortea botellas de Entropía Gin entre os seus lectores

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/10/2012 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

GC quere premiar a fidelidade da súa audiencia, cada vez máis numerosa. Durante a campaña, máis de 6.000 usuarios conectáronse aos nosos servidores ao día. Na xornada despois do reconto foron 8.477 os galegos que decidiron informarse no GC.

Botella de Entropía Gin
Botella de Entropía Gin | Fonte: eladerezo.com

Vantaxes dos gcpluseiros

Unhas cifras que non sería posibles sen os GCpluseiros, os usuarios que contribúen economicamente ao mantemento deste diario. Estes contribuidores teñen acceso exclusivo ao GC Plus, unha sección que se actualiza regularmente con reportaxes de investigación e contidos extras. O informe sobre os vínculos do fretador do Prestige coa mafia rusia e o trailer da primeira película de adultos en galego, O Divino Ferrete, son dos últimos contidos especiais para GCpluseiros.

Bases so sorteo

Agora, o equipo do GC premia tamén aos GCpluseiros co sorteo de dúas botellas dunha das mellores das xenebras galegas. Trátase de Entropía Gin, producida por Novalicor Auria, unha adega de Allariz que sabe sacar proveito da tradición licoreira ourensá e, asemade, engádelle innovación en forma de botánicos estimulantes.

O sorteo realizarase o próximo 25 de novembro entre todos os GCpluseiros, principal motor económico deste diario, activos nesa data. Os gañadores serán informados no correo electrónico que deron ao rexistrarse no GC.

Así que esta é a mellor oportunidade para botar unha man mantendo aberto o primeiro diario electrónico en galego e cuarto de Galicia e, de paso, ter opcións de levarse para casa un agasallo ideal para quentar as noites deste Nadal.

Anímense, fáganse gcpluseiros!

Botella de Entropía Gin
Botella de Entropía Gin | Fonte: eladerezo.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Vintecinco de Novembro, GIN GIN GIN (bis). E agora a seguir asinando para que vexan que aínda temos memoria (por máis Gin Entropía que tomemos!) http://www.es.amnesty.org/actua/acc... Imos camiño dos 50.000 ?

3 eusi

Primeiro darvos as gazas por dar a conhecer este produto galego. E agora vai o tiron de orelhas: en galego o uso do reflexivo ten connotacions de "auto, a un mesmo" polo q a frase "levarse para casa" esta pefectamente sen o "SE".

2 Gamela

E mentras agardamos a Gin Entropía podemos ir asinando esta petición... http://www.es.amnesty.org/actua/acc... a ver se chegamos ás 20.000 ?

1 Gamela

Bendita sexa, a ENTROPIA !!!