CxG camiña cara a un "proxecto partidario único"

A formación destaca que a "polarización Feijóo-Beiras" perxudicounos durante a campaña pero destacan os "procentaxes destacables" alí onde están asentados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

CxG converterase nun "proxecto partidiario único" que inclúa ás distintas correntes que integran a formación para convertila nunha formación "útil" para os cidadáns e con "propostas claras e precisas".

Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG
Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG

Para iso, Compromiso celebrará o vindeiro 16 de decembro o seu congreso constituinte. O seu obxectivo é asumir unha "filosofía de cooperativa política" desde uns postulados do "centro progresista galeguista até a esquerda renovadora".

"Porcentaxes destacables"

Foi o acordo do seu Consello Político Nacional, celebrado este sábado, e no que a formación acordou abrir unha "fonda reflexión" logo duns resultados que consideraron que "non foron bos". Con todo, destacou os "porcentaxes destacables" alí onde a formación te unha "importante presenza organizativa".

En todo caso, a dirección de CxG coincide en que eses comicios estiveron poralizados por Feijóo e Beiras. "Isto fixo imposible, política e mediáticamente, visibilizar unha nova proposta", sinalou. O seu reto está possto nas vindeiras eleccións municipais, dentro de dous anos e medio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

12 Dona Urraca no seu castelo

Debe examinar ben as entradas; pode haber gato por lebre. Non vaia ocorrer como pasa no BNG fichan a xente que non ten puñetera idea de nacionalismo, de democracia, de identidade galega, etc. Compromiso debe entrar nunha parte importante do PP pero non aceptar os seus candidatos para cargos representativos; veñen viciados; antes haberá que educalos no galeguismo e no nacionalsimo, ademais de poñer a proba o seu compromiso coa decencia, a etica politica e os valores democráticos. Os socialistas tamén soltan lastre por todas partes. Aí xa hai outro nivel político que se debe encauzar debidamente. Logo, entre o socialismo democrático e o galeguismo socialdemócrata debera estar o abano de opcións políticas de Compromiso X Galicia. Un amplo campo de traballo que hai que labrar e semear.

11 Dona Urraca no seu castelo

Dous experimentos: Unidade Galega e Coalición Galega. O primeiro foi abortado pola obsesión controladora de Camilo Nogueira; o segundo esfarelouse, logo de conseguir 11 deputados ao Parlamento Galego na primiera contenda electoral en que tomou parte, porque tiña no seu interior políticos viciados, acostumados a mandar e a non dar contas a ninguén; xa tiveran poder o non se afixeron a perdelo. Non foi un partido de verdade; foi un conglomerado extrano sen un Xefe de filas con carisma que o dirixira. Unha mágoa!! De non ser así hoxe o PP sería un simulacro do que é. En compromiso deben aprender dos errores pasados.

10 Dona Urraca no seu castelo

9 valexo

isto significará a disolución dentro de CxG das organizacións que o integran nestes momentos????

1 carballo

Agardemos,deamoslle tempo.

8 Manolo2

¿Porcentajes destacables? ...Jua, jua,jua. Buen chiste