Facemos un percorrido polos hospitais galegos: falta de material, saturación e moito estrés

Hospital de Santiago, da Coruña, de Ourense, de Verín. En todos eles falta material. En Verín dase o caso dunha empresa textil que voluntariamente está producindo. Escasean as máscaras cirúrxicas e as batas impermeables. Algúns centros consultados din ter os servizos de seguridade e saúde laboral superados por falta de profesionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/03/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A situación do persoal sanitarios dentro dalgúns dos grandes hospitais galegos é de estrés e desbordamento. Aínda que é certo que se levaron adiante medidas para separar as persoas afectadas de coronavirus das que padecen outras afeccións, a grande maioría dos profesionais senten que están en risco. A morte dunha enfermeira en Euskadi aumentou a alarma entre o sector médico, de enfermaría e outras categorías dentro dos hospitais.

Roupa de seguridade sanitaria feita voluntariamente por empresas téxtiles en Verín
Roupa de seguridade sanitaria feita voluntariamente por empresas téxtiles en Verín | Fonte: ugt

CHUAC

Desde o Centro Hospitalario Universitario da Coruña, UGT informa da falta de material para protección persoal, os EPIs. A causa é o descenso en existencias para a protección individual dos profesionais. “Hai como unha psicose, algo que é normal, porque é un virus novo, descoñecido”.

As medidas de corentena para os profesionais “pasaron de catorce días a sete, porque se entende que se non tes a doenza, o máis probable é que non esteas contaxiado”, sinalan as mesmas fontes. Tamén desde a sección sindical de UGT do CHUAC apuntan á necesidade de non atender a todos os comentarios aparecidos en Internet.

CHUO

CC.OO di que a situación no hospital ourensán a situación está controlada mais a Xerencia non está enviando datos sobre novos ingresos por coronavirus. “Si facilitaron datos sobre profesionais médicos que están en corentena e tamén reclamamos material de seguridade”. Apuntan tamén que boa parte das cifras que coñecen son pola prensa.

Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo

Non obstante, consideran que de momento o número de casos é baixo aínda que pode aumentar. Tamén solicitan practicar tests de sanidade para coches.

UGT tamén declara que o número de afectados é baixo, mais que o pasado día 19 de marzo pola noite apareceron instruccións para o uso de máscaras de protección coas que non están de acordo. Tamén denuncia a falta de distancias de seguridade pola pouca folganza de corredores e vestiarios.

Xunto ao dito, fan un chamado á responsabilidade das persoas para quedaren na casa e respectar as intruccións para saír á rúa. “O risco está sempre aí, debemos respectar as normas”.

Hospital Comarcal de Verín

UGT da área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco informaba esta mañá do primeiro caso de coronavirus nese centro. Sería un caso “importado” por unha persoa procedente de Madrid. Pola súa banda, a CIG do mesmo hospital declara que, aínda con poucos casos, é necesaria a presenza de máis material. Tamén recordan que eles, o persoal sanitario, “somos humanos e por iso debemos manter a calma”.

Como curiosidade, desde dúas empresas familiares de roupa Banabaloo e Nicandra, están fabricando material de seguridade sanitaria voluntariamente. Así, de momento cortaron teas especiais para 800 máscaras para poder fabricar 50 unidades por día. O 19 de marzo entregaron manguitos e outro tipo de material.

CHUS

O centro hospitalario de Santiago tivo unha reunión durante a mañá deste venres día 20 de marzo, para abordar as medidas de seguridade. “Os profesionais de saúde e seguridade laboral están desbordados, o luns pasado pedimos un número de contacto directo con esta sección para o persoal médico” din desde a sección de CCOO. Ante o escaso número de medios humanos en seguridade e saúde laboral, a incorporación de novos efectivos suporía ter que formalos, mais dita formación leva tempo e non se daría atendido con celeridade e eficacia.

Agora mesmo o que hai son stocks de máscaras especiais FP2 e FP3, as máscaras cirúrxicas son as que están faltando ademais de batas impermeables” din as mesmas fontes. Por outra parte, diante do hospital Gil Casares, fronte ao CHUS colocouse unha carpa para o seguemento do estado de persoal sanitario. De momento non saben se se farán test desde coches.

Ante a posible saturación do hospital por coronavirus, as previsións son ir ocupando, ademais da planta 5ª xa ocupada, as do terceiro andar. En caso de necesidade, aquelas persoas que non teñan coronavirus e fosen ingresadas por urxencias, serían trasladadas a unha sección do hospital provincial de Conxo.

Todas as fontes consultadas apuntan que as medidas de seguridade son poucas. Que hai unha grande incerteza ante como se está levando a protección de médicos, enfermaría, celadores e demais persoal hospitalario. Moita desta xente está experimentando unha alta carga de estrés e cansanzo, mais son conscientes da perigosidade e singularidade desta pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Este comentario non pretende fastidiarlle a moral a ninguén... Pero sigo pensando que estamos a matar pulgas a cañonazos (e sen apuntar siquera á pulga!) // Si el virus permanece tres horas en el aire, cuatro horas en las monedas, un día entero en el cartón y de dos a tres días en el plástico o en el acero inoxidable de un grifo... Pueden estar tranquilos: TODOS ESTAREMOS INFECTADOS ou mortos de fame! Vostedes poden elixir ! Pero seamos sensatos: es imposible aislar lo que no se ve... no vivimos en burbujas y aunque lo intentemos no podremos evitar el contagio. La vida es algo que SUCEDE... el 80% apenas tendrán síntomas, el 15% se llevará un susto y el 5% morirá. Como sigan intentando controlar lo incontrolable... y echándole la culpa al vecino la VIDA dejará de ser un LUGAR HABITABLE !!!

1 Gamela

A pregunta do millón sigue sendo a mesma: Por qué se decreta a paralización total dun pais por un virus? Cando sabemos que este virus ten unha letalidade baixa? E cando sabemos que prácticamente non seremos quen de deter a infección? Os chinos foron moi chinos: confinamos a 60 millóns e quedamos tan panchos! Pero os europeos non temos cámaras de recoñecemento visual e non temos o BigData que están a implementar os chinos dende hai case unha década !!! Case mellor agardamos a que alguén nolo explique : https://youtu.be/wJOFSoS8Qmw Xa sabedes que os arxentinos sempre teñen solución para todo (agás para os seus problemas financieiros permanentes!) Veremos se os resultados do virus non é unha CRISE FENOMENAL !!!