Feijóo aposta por manter "toda a actividiade industrial" en sectores fundamentais

En todo caso, destacou que a decisión de paralizar a actividade non é da Xunta senón do Goberno central. O presidente catalán foi o que pediu o "cese total" de toda actividade industrial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo e o seu Goberno farao tamén "por escrito" a necesidade de "manter toda a actividade industrial especialmente en sectores fundamentais: toda a cadea alimentaria, así como os sectores de enerxías ou da auga". Tamén reivindicou que, cando os traballadores destes sectores o precisen, poidan estar equipados con material de protección fronte ao coronavirus.

Así o trasladou nunha rolda de prensa 'en liña', posterior á videoconferencia de presidentes deste domingo, na que foi preguntado acerca de se se deberían deter tamén o resto de centros de produción para frear con maior prontitude o virus e se el dispón de competencias para adoptar esta decisión no marco da Comunidade galega.

Respecto diso, Feijóo replicou que, unha vez decretado o estado de alarma en España é o Goberno central o que asume o mando e o único, en consecuencia, que pode "ampliar, restrinxir ou matizar que actividades económicas poden seguir funcionando".

Os presidentes autonómicos, remarcou, non teñen "competencia" para decidir se se pecha "algunha actividade aberta no conxunto da nación". "Podemos suxerir, pero quen manda e aboca para si as competencias é o Goberno central, que é o que decretou o estado de alarma", dixo.

Iso si, sinalou que se abordou o asunto económico e que o xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, defendeu que España tomou decisións "máis drásticas" que en Italia. "A data de agora, entendín a Sánchez que, desde o punto de vista das decisións que afectan á economía, as que tomou o Goberno central son as correctas", explicou o dirixente galego, antes de precisar que, en todo caso, o dirixente socialista "comprometeuse a estudar" calquera proposta adicional que houbese.

"Pero entende que o que se fixo é proporcionado, e que España tomou medidas máis contundentes que Italia. E desde as comunidades estamos sometidos ao paraugas do estado de alarma e non podemos ditar instrucións que o modifiquen total ou parcialmente", resolveu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA | Fonte: Europa Press

SÁNCHEZ

Pola súa banda, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou que na reunión que celebrou este domingo, por videoconferencia, cos presidentes autonómicos recibiu o "apoio" e "comprensión" de todos eles para levar a cabo todas as medidas posibles para frear a pandemia do coronavirus. No entanto, rexeitou as propostas formuladas sobre o cesamento total de toda actividade económica que lle propuxeron algúns destes presidentes rexionais.

"Se un mira as medidas tomadas noutros países, España está na vangarda. Tomou medidas durísimas", dixo o xefe do Executivo na rolda de prensa que ofreceu no Palacio da Moncloa tras concluír o encontro virtual cos dirixentes autonómicos, que durou case catro horas.

Algúns presidentes autonómicos, entre eles o da Generalitat, Quim Torra, insistiron nesta reunión na necesidade de "confinamento total e o paro de calquera actividade que non sexan servizos esenciais" e só se permita o desprazamento de profesionais sanitarios, de alimentación e outros servizos esenciais.

QUE Os FONDOS DE EMPREGO POIDAN TER OUTRO DESTINO

Feijóo recoñeceu, a falta de coñecer a "letra pequena", o "importante avance" das medidas económicas aprobadas polo Consello de Ministros e, posteriormente, complementadas o venres pasado polo Executivo galego no Consello da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta