Crise entre o Goberno central e a Xunta polo reparto de máscaras

Feijóo dixo que se distribuíron 27.000 máscaras e a Delegación do Goberno di que mente e que son 117.90. A Xunta recoñece que ten un stock de medio millón de unidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O Goberno e a Xunta confrontaron xa abertamente este domingo á conta do material para combater a crise sanitaria do coronavirus e, en concreto, pola distribución de máscaras, despois de afirmar o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que só chegaron 27.000.

En fronte, no seu perfil de 'Twitter', a Delegación do Goberno en Galicia defendeu que, a través do Ministerio de Sanidade, distribuíronse 117.907 máscaras en Galicia para atender as urxencias. "Segue o proceso de compra e distribución de material sanitario dando prioridade ás urxencias", engade.

SANIDADE INSISTE: 27.010

O Sergas contestou a través dun comunicado no que se reafirma en que "só recibiu 27.010 máscaras" enviadas polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise do coronavirus en Galicia.

Tamén Feijóo mantivo ese dato durante a súa rolda de prensa de hoxe, na que tamén anunciou que o Sergas ten un stock de medio millón de unidades para afrontar as dúas vindeiras semanas.

Luvas e máscaras sanitarias
Luvas e máscaras sanitarias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta