Feijóo recoñece que segue chegando xente de fóra a Galicia

Reclama "controis" ás persoas que chegan aos aeroportos, pero non por estrada. Tamén advirte de que trasladar a enfermos entre comunidades "necesita apoios epidemiolóxicos moi serios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este martes que segue chegando xente doutras partes do Estado a distintos puntos de Galicia tal e como publicou GC ao facerse eco das denuncias dalgúns rexedores da zona de Trives que denuncian a chegada, durante a pasada ponte, de xente procedente de Madrid, Valencia, Cataluña e Euskadi.

Autopista AP9 Chapela hacia Vigo
Autopista AP9 Chapela hacia Vigo

Con todo, Feijóo só aludiu a chegada de viaxeiros por avión, pero non por tren ou automóbil, o principal medio de transporte que utiliza nos últimos días a xente, especialmente, para desprazarse ata zonas do rural ou da costa galega.  Por iso, tentou responsabilizar desta chegada ao Goberno central por non poñer "máis controis" nos aeroportos, pero non nas estradas para garantir que as persoas que están a chegar a Galicia son cidadáns desta comunidade e, deste xeito, asegurar o cumprimento das restricións do estado de alarma.

"Tivemos coñecemento de que avións chegan a Galicia con pasaxeiros doutras comunidades. Teño dúbidas de se cumpre ou incumpre o estado de alarma", indicou Feijóo, quen lembrou que "só poden vir persoas domiciliadas en Galicia". Algo, remarcou, "fundamental" que se respecte.

Neste sentido, lembrou que o control dos aeroportos  é unha tarefa "fundamental" que lle corresponde ao Estado. "Hai que controlalo (o tráfico aéreo) con maior intensidade", dixo, para rematar que si teñen coñecemento de persoas que veñen doutras comunidades "e iso vai en contra do estado de alarma". Con todo, non valorou a posibilidade de pechar Galicia ou zonas onde o índice de contaxio é maior.

TRASLADO DE ENFERMOS

Preguntado sobre a posibilidade de trasladar a enfermos dunhas comunidades suporía unha "decisión comprometida" que "necesita apoios epidemiolóxicos moi serios para non cometer erros" e, por tanto, acreditar unha "seguridade" para este paso.

É dicir, unha decisión deste tipo, como a que expuxo como posibilidade o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, debe ter en conta que non se vai a producir un "colapso" nesoutra comunidade e que o lugar de destino "ten capacidade de absorción deses pacientes", en palabras de Feijóo.

O mandatario autonómico tivo palabras para as comunidades que están agora en pico de expansión do virus, ás que "non só" enviou un "abrazo", senón a "maior das solidariedades" a Madrid, A Rioxa e Navarra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cachirulo

Todos e todas a Montepio xa, que os invite amabelmente a sua casa