110 afectados en residencias de maiores en Galicia e 17 en centros de atención a persoas con discapacidade

Hai 23 traballadores contaxiados nestes centros. Os militares procederán á súa "desinfección masiva" desde este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Galicia eleva a 110 as persoas afectadas por coronavirus en residencias de maiores, 88 usuarios e 21 traballadores; e a 17 os infectados en Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), 15 residentes e dous empregados. Son datos da Consellería de Política Social.

Un operario con traxe de desinfeccion na residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova
Un operario con traxe de desinfeccion na residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Nas últimas horas apareceron novos casos na residencia de DomusVi Carballo, que conta cun diagnóstico en activo, e despois aumentaron tamén os de San Lázaro de Santiago (ata 15); os de DomusVi Barreiro de Vigo (ata 33); na Nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras (ata 3) e na Esperanza de San Rosendo (outro tres casos).

Os datos tamén contemplan os diagnósticos de Celanova (13), O Portazgo da Coruña (9), Fogar Bellolar da Coruña (3), Caldas (2), Cangas (4), Castro Caldeiras (1), Betania en Viveiro (1).

Sobre os mesmos centros, Política Social especificou que ao centro do Portazgo acudiu esta xornada un equipo sanitario para tratar aos pacientes e que un dos diagnosticados en Celanova e outro en Fogar de Bellolar faleceron.

En canto aos traballadores afectados, suman un total de 21;14 deles na San Carlos de Celanova, 5 na Domus V Barreiro de Vigo, 1 na residencia A Esperanza San Rosendo (Ourense) e un da San Simón de Teo (A Coruña).

Respecto deste último caso, fontes consultadas explicaron que se trata dunha muller auxiliar de cociña que leva 12 días sen acudir ao seu posto de traballo debido a esta enfermidade. As mesmas fontes confirmaron que esta muller tivera contacto previamente cunha persoa que viña de Madrid e esa puido ser a causa do contaxio.

RESTRICIÓNS

O persoal traballador que se contratou para atender as residencias integradas de Baños de Molgas (en Ourense) e Porta do Camiño (en Santiago) "terá o contacto mínimo co exterior" para "reducir o risco de contaxios". Así o explicou este xoves o Goberno galego, que precisou que as instalacións destas residencias seguirán "controis estritos de desinfección frecuentemente".

Ambos os establecementos foron habilitados para atender a pacientes maiores que vivan en centros para a terceira idade e que estean diagnosticados de coronavirus. Baixo estas dúas condicións as autoridades sanitarias decidirán se a persoa enferma é trasladada a unha das dúas residencias ou se, pola contra, pode permanecer illada no centro no que reside habitualmente.

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

En canto ás persoas con discapacidade que residen en centros de atención especializada, a día de hoxe contabilízanse 15 infectados.

Oito deles en Aspronga (Oleiros), catro en Redondela, dous en Aixiña (Ourense) e un en Santa Cruz San Rosendo (Ourense).

Tamén hai dous empregados afectados en Aspronga e Redondela, segundo certificaron fontes de Política Social.

Con estes números péchase o décimo día desde que se entrou en vigor o estado de alarma para frear a pandemia de coronavirus que afecta a toda a Península e xa deixa 33 falecidos en Galicia.

"DESINFECCIÓN MASIVA" DE RESIDENCIAS

A Delegación do Goberno informou da "desinfección masiva" de residencias de anciáns a cargo das Forzas Armadas. Nun comunicado, sinala que está previsto que os profesionais actúen este xoves e o venres "en múltiples instalacións nas catro provincias galegas".

Nun comunicado, o delegado do Goberno, Javier Losada, subliña que as Forzas Armadas xa actuaron "en máis dun centenar de puntos en Galicia desde o inicio do estado de alarma". Losada, que agradece "o traballo e o compromiso" dos profesionais que desenvolven principalmente tarefas de desinfección e vixilancia, explica que "continuarán ata o final da actual situación".

En concreto, sinala que a autonomía conta a diario con integrantes da Brilat, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Forza de Protección (Fupro) da Armada. Os seus membros traballan en coordinación coa Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

18 Indignado

Para el indocumentado que garrapatea aquÍ: Los electores españoles residentes en el exterior mantienen su interés por votar y las solicitudes ya ascienden a 120.000 La mayor parte, 22.156, proviene de Argentina y solo de inscritos en el CERA originarios de Galicia se han recibido 27.216 mientras miles de emigrantes ya han comenzado a votar NOTICIAS RELACIONADASEl día 22 finalizó el plazo para que los españoles residentes en el extranjero enviasen la solicitud del voto El día 25 de octubre se inició el envío de la documentación electoral a los ciudadanos españoles residentes en el extranjero que la solicitaron antes del día 22 de octubre, por lo que ya hay miles de emigrantes que han comenzado a votar en las elecciones generales del 20 de noviembre. Aún así, la Oficina del Censo Electoral (OCE) continúa recibiendo peticiones, desde América sobre todo, y a fecha 2 de noviembre ascienden a 119.320. la fuente aquí: http://www.facebook.com/ppexterior

17 Indignado

¡Menudo repaso le están dando, D. Herminio. Pero claro, a usted se la trae floja.

1 Cholas

acouga un pouco, troll fascista, non te enbales.

2 tijuana

eu estou acougado que stou cun porrito de maría pero teño curiosidade ¿que é para ti un fascista mais alá dun xeito de cagarte no Indignado? ¿ten algún contido? Grazas.

3 Akribéstaton

Pois mira abaixo (por exemplo 10.4) se queres começar a argumentar.

4 tijuana

Home, ¿tampouco me parece apropiado chamar fascista a calquera reacción? Porque supoño que os comentarios do Indignado -non o lin todo- serán unha reacción a algunha acción violenta, algunha coacción, etc. do marxismo, porque supoño que quen chama a alguén fascista é porque é marxista, ataca buscando unha reacción para facerse a vítima despois, ¿ou non?

5 Cholas

ou sexa que para ti un faacista e unha reacción pra facerse a victima? perdoan meu, pero coa que está caendo só se lle ocurre decir ido a un simplón, un falabarata.

6 tijuana

Parece que non me expresei ben. Pedín que me dixeras que era para ti un fascista. Aki, citou o 10.4 e nese contexto digo que o fascismo pode ser unha reacción a algunha acción previa do marxismo. Porque é habitual nel, nas súas loitas, nas súas campañas de axitación, que promova unha acción para recibir unha reacción, e con esta facerse a vítima ¿ou non é así con moita frecuencia e non está intrínsecamente ligado á dialectica marxista? Agora, se me queres dicir, fora de xeralidades, "coa que está a caer", etc, qué é para ti o fascismo, agradezoo.

7 Cholas

Pero...ti sabes do que falas? acanas de definir cun exemplo o contrario ou sexa a sua antitése, da dialéctica marxista, ou materialista que non ten nada que ver coa hegeliana, ainda que parte da mesma orixe. A dialéctica materialista basease sempre en datos empiricos e centificos.

8 Manoliño

Pero me queres definir que é entón para ti o fascismo... Grazas.

9 Antón

e ti me preguntas que é fascismo mentras cravas na miña pupila....fascismo eres ti.

10 tijuana

Seguedes sen dicir que é o fascimos para vós...

16 pepiño

Apareceu outro que quer controlar o voto emigrante...Fágase controlador aéreo...

15 Mozart

Este señor Iglesias é un fascista disfrazado. E á rapazada que está a emigrar ahora en masa tamén lle queredes quitar o dereito ao voto? Non aprendedes...Así vos vai. Non escoite tanto a Vivaldi..Seica lle fai moi mal...

1 Akribéstaton

És mais manipulador que limitado, o que já é dizer. Ninguém tem direito a votar em dous países (ou, dentro dum país, circunscripções) ao mesmo tempo. Os imigrantes sim têm direito a votar aqui (se não votam no país de origem, claro).

2 Mozart

Y eso es porque lo dices tú, insigne jurista y demócrata...Lo que tú digas bwana...A tus órdenes, bwana. ¿Quién te ha dotado de tanta autoridad?

3 Akribéstaton

A única autoridade verdadeira: a razão comum (koinón lógon) que possibilita a convivência de homens livres. Está aberta a todos... os que querem. Tu gostas mais do pau, seica.

14 Xoelho

Non deberían votar máis que os residentes. A política de Galiza non pode ser que a decidan os que non viven aquí. Cada un que vote onde está, que é o lóxico, e así de paso se acaban con todos eses problemas dos chanchulhos e pucheirazos feitos co voto dos emigrantes. ¿Por que se permite votar aos emigrantes? Por pura demagoxia, por hipocrisía, por quedar ben e dicir que somos moi boa xente. Estupideces.

1 Indignado

Por desgracia para ti, la política de aquí la deciden abrumadoramente los que viven aquí. Consulta las cifras. No llegan a cien mil los emigrantes ue votan...Deja la demagogia barata.

2 Xoelho

Non se trata de que a política de aquí a decidan os residentes ou os emigrantes, trátase, independentemente das cifras concretas en cada votación, de que os emigrantes poden influír cos seus votos, que iso non é democrático, posto que é como se non fosen galegos se non fan a súa vida aquí e que, por tanto, están meténdose en asuntos doutros, e iso á parte de que se sabe que o voto emigrante se presta á falsificación, pucheirazo ou como lhe queiras chamar, e alguén -quen sexa- sempre se aproveita particularmente diso, en contra do interese popular, porque esa práctica non é demasiado democrática que digamos, ¿non cres? O que está a facer demagoxia barata es ti.