Temas: POLíTICA BNG

O BNG lamenta a morte do antifranquista Chato Galante, un "exemplo de loita pola xustiza"

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o deputado autonómico Luís Bará lamentan a morte como vítima do coronavirus do antifranquista Chato Galante, ao que destacan como "exemplo de loita pola xustiza e os dereitos democráticos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2020 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o deputado autonómico Luís Bará lamentan a morte como vítima do coronavirus do antifranquista Chato Galante, ao que destacan como "exemplo de loita pola xustiza e os dereitos democráticos".

A través dun comunicado, Miranda e Bará trasladan a familiares e amigos do falecido, así como á comuna de presos e presas do franquismo, o seu "abrazo máis afectuoso e solidario". "Desde o confinamento choramos tan grande perda dun home bo e xeneroso", engaden.

Ademais, os nacionalistas insisten en que "en memoria de Chato" seguirán denunciando "os crimes do franquismo e as brutais torturas que el mesmo sufriu a mans de Billy 'El Niño'", posto que seguir co seu traballo "é a mellor homenaxe" que poden facerlle "hoxe e sempre".

Así mesmo, Miranda e Bará lembran o impulso da querela en Arxentina contra o franquismo a través da Iniciativa Galega pola Memoria, coas que o propio Chato Galante colaborou nos últimos meses.

Ana Miranda e Luís Bará (BNG), en rolda de prensa.
Ana Miranda e Luís Bará (BNG), en rolda de prensa.

Temas: POLíTICA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Reui

Lo que lamentamos muchísimos es que eurodiputados como la Miranda se sigan forrando con sus suéldazos en plena pandemia.

1 José

e de cando ronca Margallo non dis nada e ghalopin