Os aeroportos galegos rexistran en abril máis de 535.000 pasaxeiros, con Santiago á cabeza

Segundo os datos feitos públicos este luns por Aena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Os aeroportos galegos rexistraron o pasado mes de abril un total de 535.015 pasaxeiros, en máis de 4.700 voos operados nas tres terminais, co aeródromo de Santiago á cabeza, segundo os datos feitos públicos este luns por Aena. Así, a terminal de Lavacolla-Rosalía de Castro, rexistrou en abril 342.004 pasaxeiros, o mellor dato nun mes de abril da súa historia, e 341.376 viajeron en voos comerciais, un 10 % máis. Deles, 257.379 fixérono a destinos nacionais e 83.997 a destinos internacionais.

O aeroporto da capital galega operou 2.528 voos e 2.423 foron voos comerciais: 1.846 a destinos nacionais e 577 a destinos internacionais. En canto ás mercadorías, movéronse 430 toneladas, un 24,8 % máis. No que vai de ano, o aeroporto de Santiago suma máis dun millón de pasaxeiros, un 3,9 % máis que no mesmo período do ano pasado.

A CORUÑA E VIGO

No caso de Alvedro, o total de pasaxeiros rexistrados en abril foi de 101.356 persoas, un 3,8 % menos, das que 101.315 usaron voos comerciais. Neses voos, 91.947 viaxeiros desprazáronse a destinos nacionais, e 9.368 fixérono a destinos internacionais. A terminal coruñesa operou un total de 1.263 voos, dos que 793 foron comerciais. Así, 705 voos comerciais tiveron destino nacional e outros 88 tiveron destino internacional.

En canto ás mercadorías, movéronse 5,2 toneladas, e no que vai de ano, pasaron polo aeroporto da Coruña 387.776 pasaxeiros, un 2,1 % máis que no primeiro cuadrimestre de 2023.

En Vigo, as cifras son algo máis discretas, cun total de 91.655 pasaxeiros en abril, un 7,2 % menos, dos que 87.941 voaron a territorio nacional e 3.714 fixérono a destinos internacionais. Peinador operou 970 voos, dos que 773 foron voos comerciais: 701 nacionais e 73 internacionais. Tamén se moveron 19,8 toneladas de mercadorías. No primeiro cuadrimestre, o aeroporto vigués sumou un total de 338.854 pasaxeiros, un 1,4 % máis que de xaneiro a abril do ano pasado.

Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos
Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta