Sete novos falecidos en hospitais elevan a 354 as vítimas con COVID-19 en Galicia

FAleceron en Ourense, Ferrrol, Pontevedra e A Mariña

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O falecemento nas últimas horas de sete persoas con coronavirus en hospitais galegos, todas elas con patoloxías previas, eleva a un total de 356 as vítimas totais da pandemia do COVID-19 en Galicia.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) acumulou tres destas novas mortes. En concreto, trátase dunha muller de 73 anos e dous homes de 87 e 88, respectivamente.

Ademais, faleceu un home de 79 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), outro de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), un home de 80 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e outro de 87 no Hospital da Mariña, en Burela (Lugo).

Galicia conta, de acordo cos últimos datos do Sergas, un total de 354 falecidos con coronavirus.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E cantos morreron fóra do protocolo do ConaVirus ? O SERGAS oculta DATOS !!!