A Asociación de Medios Galegos bota a andar un certame de vídeos, podcast e regueifas

O mellor traballo recibirá un premio de 1000 euros, pero tamén haberá outros galardóns: un día de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeración ou unha cámara de gravación con micrófono.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Medios Galegos vén de convocar un certame de vídeos, podcast e regueifas no que pode participar a poboación nova de entre 12 e 30 anos e tamén aulas da ESO, Bacharelato e ciclos formativos. Fano, explican nas bases, co obxectivo de "lograr un achegamento da mocidade á lingua galega e aos medios de comunicación".

Unha cativa recibindo formación cunha cámara de televisión
Unha cativa recibindo formación cunha cámara de televisión | Fonte: Afundacion

Así pois, con este propósito en mente, animan a rapazada a aproveitar o confinamento para botar a andar a imaxinación, elaborar un guión e realizar a gravación dun vídeo que non debe superar os catro minutos de duración e onde debe relacionarse a lingua galega e mais os medios de comunicación. "Valorarase tamén a utilización do humor, a calidade ténica e lingüística, o poder de persuasión, a claridade expositiva e a creatividade", sinalan.

OS GALARDÓNS

O mellor traballo recibirá un premio de 1000 euros, pero tamén haberá outros galardóns: un día de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeración ou unha cámara de gravación con micrófono.

Os traballos deben enviarse por correo electrónico a mediosengalego@gmail.com antes do 30 de setembro, data en que finaliza o prazo de presentación do traballo. As bases completas do certame poden verse nesta ligazón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta