Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 20:28
Un traballador resultou ferido tras caerse dun tellado no municipio de Arzúa. O accidente rexistrouse sobre as 16,30 horas, en Denoi, no citado municipio. O servizo de Emerxencias do 112 recibiu a esa hora o aviso dun particular, que solicita asistencia para un home que se caeu duns seis metros de altura.
Ata o lugar desprazábase o helicóptero medicalizado con base en Santiago, para evacuar o ferido ao centro sanitario.
Unha hora antes, sobre as 15,30 horas, recibiuse outro aviso dun accidente no domicilio dun particular en Meaño. En concreto un menor que caeu dun tractor, na zona de Galiñáns, en Lores. Ademais de 061, deuse aviso a Garda Civil, Bombeiros de Ribadumia e do GES de Sanxenxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.