O Goberno ordena ás CCAA a retirada "inmediata" dunhas máscaras por incumprir a normativa europea

A CIG afirma que "ten constancia" de que se están utilizando en centros sanitarios do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 17/04/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O Ministerio de Sanidade comunicou ás comunidades autónomas, como así lle confirmaron a Europa Press, a retirada das máscaras 'Garry Galaxy', despois de que o Ministerio de Traballo e Economía Social avisase de que non cumpren coa normativa europea.

Traballo pronunciouse así tras realizar unha análise solicitada polo Hospital Universitari Parc Taulí de Barcelona, que as máscaras 'Garry Galaxy', en envoltorio de cor verde, non cumpren con ningunha clasificación indicada na norma 'UNE-EN 149:2001+A1:2010'.

A embalaxe destas máscaras, segundo informou o departamento ministerial, leva marcado N95 e código de barras 6 972306 630042. Trátase dunha máscara autofiltrante, encartada, con pinza nasal, con arnés de cabeza consistente en cintas elásticas que pasan por detrás das orellas.

Pola contra, sinalou que outra máscara sen identificación, sen envoltorio (solta) e non leva ningún tipo de marcado, si cumpre cos requisitos para ser considerada como FFP2. Para verificar a diferenza realizáronse tamén os ensaios de resistencia á respiración e compróbase a "coherencia" cos resultados obtidos en penetración.

Imaxe de arquivo dunha oficina de farmacia.. ARQUIVO
Imaxe de arquivo dunha oficina de farmacia.. ARQUIVO

CIG SAÚDE INSTA O SERGAS Á RETIRADA INMEDIATA

CIG Saúde emitiu este venres un comunicado no que insta o Sergas á "retirada inmediata" das máscaras 'Garry Galaxy'. A CIG afirmou que "ten constancia" de que estas máscaras se están utilizando en centros sanitarios do Sergas, en unidades de hospitalización e en urxencias, cuxo persoal "puido estar sometido a un posible contaxio por considerar que estaba protexido por elas".

Por iso, demandou que "se proceda á inmediata retirada deste material, que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco", e que "se proceda de inmediato á realización dos test que corresponda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta