Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2020 | Actualizada ás 12:57
O concelleiro de Seguridade Cidadá de Santiago, Gonzalo Muíños, alerta aos veciños sobre "un pequeno grupo" de persoas que entran en vivendas coa escusa de que ofrecen as probas do coronavirus ou de que entregan alimentos ou luvas.
O edil lanza un aviso á cidadanía compostelá, "sobre todo a esa xente que vive soa, xente maior, as persoas máis vulnerables" ante estes enganos.
Precisamente a este grupo diríxese Muíños para pedirlle "que non fagan caso" destes ofrecementos e de que, "no caso de que teñan algún problema", se poñan en contacto co Concello a través do teléfono 010, coa Policía Local e coa Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.