Rastros xenéticos de Galicia están no inicio da pandemia da COVID-19 en España

Análises xenéticas do coronavirus recollidas na plataforma internacional NextStrain indican que hai xens de Galicia no inicio da pandemia en España, concretamente, nun dos tres focos de penetración detectados. O coronavirus pode estar presente no Estado xa desde xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/04/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

3 de marzo. Saltan as alarmas en Galicia. As probas realizadas a un home de 49 anos dan positivo. Acudira dous días antes ao Complexo Hospitalario da Coruña cunha neumonía vírica e o seu estado era xa grave. Chegara a Galicia dous días antes, o 29 de febreiro, de Madrid nun coche compartido para realizar unha entrevista de traballo en Inditex. A Xunta di que a situación “está controlada” por que o caso é importado e que o “virus non circula” por Galicia.

Mapa xenético do coronavirus COVID-19
Mapa xenético do coronavirus COVID-19 | Fonte: nextstrain

Mes e medio despois daquel primeiro caso, a situación en Galicia é moi diferente. Hai máis de 6.300 contaxiados e case 460 mortes este luns. Moitos contaxiados tras o gran foco que estoupou en Madrid. Pero, realmente, ese home ingresado o 3 de marzo de 2020 era o paciente 0 de Galicia?.

Grazas aos numerosos estudos que se están realizando nas ultimas semanas podemos saber que a COVID-19 estaba xa en Galicia antes dese suposto paciente 0, e tamén antes de marzo. Así o recolle, cando menos a información proporcionada por NextStrain, un proxecto de código aberto con información pública de hospitais e laboratorios de todo o mundo.  A plataforma, na que participa unha vintena de científicos, rastrexou as distintas mutacións do virus e creou unha árbore filoxénica en tempo real para determinar como se está propagando.

Pois, grazas a esta ferramenta, sabemos que había contaxiados en España xa en xaneiro e en Galicia, probablemente no mes de febreiro. Seguindo a secuenciado xenética da COVID-19, NextStrain, con datas que se remontan ás dúas últimas semanas de febreiro, debuxa un escenario de introdución do virus no conxunto do Estado en tres mutacións, dúas que viñan de China e Reino Unido a través de Valencia, cunha ramificación en Burgos, e outra que ten procedencia italiana pero que saltou desde Valencia a Madrid e Galicia.

Por iso, non é descartado avanzar, sempre segundo este mapa xenético, que nin Italia, nin España, foron os focos principais do virus en Europa, senón que este tería entrado na península por distintos focos, tanto desde China como desde o Reino Unido. De feito, a finais de febreiro xa había un paciente de contacto comunitario en Sevilla, o que fai supoñer que o virus xa comezaba a circular por todo a península.

Un dos mapas xenéticos do coronavirus COVID-19
Un dos mapas xenéticos do coronavirus COVID-19 | Fonte: nextstrain

DIVERXENCIAS XENÉTICAS

Na investigación xenética realizada por NextStraim de España, atopáronse tres diverxencias, ou tres focos de contaxio diferentes. Un rexistrouse no Hospital Xeral Universitario de Valencia e procede da provincia de  Hubei nun 50%, de Xangai nun 33% e de  Guangdong nun 4%. A súa data estimada de chegada a España está entre o 16 de xaneiro e o 21 de febreiro e ten unha extensión en Burgos rexistrada o 4 de marzo.

Outra rexistrouse no Hospital Xeral Universitario de Valencia e procede nun 99% de Inglaterra. As datas estimadas de chegada a España están entre o 28 de febreiro e o 2 de marzo. E a última, rexistrada no Instituto de Saúde Carlos III procede nun 40% da Comunidade Valenciana, nun 13% Xénova, nun 10% Madrid e nun 10% Galicia.

Isto significa que ese foco detectado en Madrid había presenza de xens portadores de Galicia. Unha das teorías aportadas polo xornal Público indica que países como Alemania, Reino Unido e Suiza, están na orixe do contaxio a nivel europeo, posto que estes países son os centros empresariais con máis contactos comerciais con China, os primeiros por negocios, o segundo polos bancos.

O virus estivo circulando desde o 17 de novembro por toda China. Durante case un mes, as autoridades chinesas non tomaron medidas extraordinarias como as que acabarían tomando finalmente co peche de toda a provincia de Wuhan. Iso provocou que numerosas empresas seguiran realizando as súas actividades con movementos de poboación a nivel mundal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 CastelaoPaSogama

¿E de verdade alguén cre que as manifas do 8M, mitin de Abascal ou partidos non contribuiron a xerar unha bomba biolóxica?

1 Gamela

Home claro, non sabes co virus só ataca á xente sen ideoloxías ? Seica é un virus moi selectivo e por iso todos temos que abrazar algunha ideoloxía para poder saír de prisión! Se non vannos "reeducar" durante 60 días ! Dixeron Pedro e Pablo (Os picapedra!)

2 Eu mesmo 8M

E eventos desportivos, tipo futebol, saídas nocturnas a discotecas, ceas e comidas em restaurantes, bares..., misas, funerais, bautizos, desprazamentos de fin de semana, teatros, cines, centros comerciais, actividades econômicas...etc. Todo isso também xerou uma bomba biológica.