Aproveita a corentena para coñecer aos autores e autoras galegas en primeira persoa

Xerais lanza #envozpropia, unha campaña en redes sociais na que os escritores e escritoras len partes das súas propias obras.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/04/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

A escritora Ledia Costa lendo  Infamia, unha das súas obras
A escritora Ledia Costa lendo Infamia, unha das súas obras | Fonte: Xerais

A partir do 18 de marzo de 2020, e coas etiquetas #envozpropia, #librosxerais, #literaturagalega, #quedanacasa, Xerais leva publicados 33 vídeos de autoras e autores editados nas distintas coleccións do seu catálogo.


A campaña comezou convidando a escritora Ledicia Costas, que leu a primeira páxina do seu libro: Infamia. Podes acceder a todos os vídeos completos da campaña #envozpropia a través da canle de Xerais en YouTube, nesta ligazón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta