Por E.P. | A CORUÑA | 21/04/2020 | Actualizada ás 17:44
O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruñaha posto en marcha a campaña 'Mollámonos polo libro' co obxectivo de "dar acceso á cultura a todos os públicos". En concreto, explica que, con motivo do Día do Libro, que se conmemora este xoves, a rede de bibliotecas municipais da Coruña unirase ás diferentes propostas no ámbito da cultura.
Baixo a lema 'Mollámonos polo libro', a campaña busca lanzar "unha mensaxe de unidade e apoio" a este sector. A iniciativa lidera, ademais, un programa de actividades dirixidas a todos os públicos que, xunto coa súa programación actual, "definirán a adaptación do servizo municipal nunha contorna atípica".
Para iso, ademais da información publicada na páxina web e dunha programación diaria nos espazos virtuais, en que se ofrecen recursos formativos e informativos, contacontos e "divertidos retos", a rede de bibliotecas municipais impulsará programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán 'Lemos para ti', un conxunto de narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa canle de Spotify e na radio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.