O comité de XEAL rexeita o ERTE nas fábricas de Cee e Dumbría, que tacha de "fraudulento"

Considérao un intento da empresa de "aproveitar a crise sanitaria para aforrar diñeiro e avanzar no plan de recorte da produción".

Por E.P. | A Coruña | 21/04/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL) expresou o seu rexeitamento ao expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) nas fábricas de Cee e Dumbría, que tacha de "fraudulento" e que considera un intento da empresa de "aproveitar a crise sanitaria para aforrar diñeiro e avanzar no plan de recorte da produción".

Sobre a negociación do ERTE, explica que terminou "sen acordo" e avanza que por parte do comité de empresa levará agora adiante "todas cantas accións legais sexan posibles para evitar que se efectivice unha medida que compromete a viabilidade das fábricas e a propia seguridade do persoal".

En concreto, explica que a empresa "alega causas organizativas derivadas da pandemia". "Cando en realidade os motivos que esgrime xa se iniciaron previamente coa paralización progresiva da actividade dos fornos".

Respecto diso, recalca que o 13 de marzo, días antes do decreto do estado de alarma, "a dirección cesou a produción nos fornos 12 e 21, deixando en activo só dous dos cinco fornos".

"Este recorte súmase á rebaixa na produción imposta desde principios de ano coa parada do forno 13", engade o comité para quen XEAL "non ten escusa para rebaixar a produción pois está considerada dentro das actividades industriais esenciais".

Entre outras cuestións, o comité critica que a empresa "rexeite limitar a vixencia do ERTE á duración do estado de alarma, ofrecer garantías de rearranque dos fornos, pór en marcha o necesario plan de viabilidade e retirar os recursos contra a resolución administrativa de Augas de Galicia impedindo a segregración de actividades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta