Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2020 | Actualizada ás 18:50
A Policía Nacional detivo a varias persoas no marco dunha operación antidroga que se está desenvolvendo en terra, en Galicia, e nun barco en alto mar apresado preto das Illas Canarias.
Unha operación conxunta entre o corpo da Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) conseguiu deter a varias persoas de Galicia e a outras que se atopaban no barco que foi descuberto e que transportaba preto de 4.000 quilogramos de droga.
Fontes da Delegación do Goberno en Galicia explicaron a Europa Press que a sustancia incautada se podería tratar de cocaína, pero a operación segue activa e aínda está á espera de confirmación o tipo de droga requisada e a cantidade total da mercadoría.
Os axentes interceptaron o barco este domingo e vano trasladar á zona portuaria de Vigo, segundo puideron confirmar as mesmas fontes. A relación entre a droga incautada e Galicia levou os efectivos que traballan nesta operación a deter a determinadas persoas localizadas na autonomía.
Así mesmo, a operación segue aberta, polo que non se descarta que poida haber novas detencións co paso das horas e a clarificación dos feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.