Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2020 | Actualizada ás 21:48
O presidente da Xunta critica un e outro día ao Goberno central por non remitir información ás autonomías e, este luns, foi o Ministerio de Sanidade o que tivo que aclarar que o Goberno galego foi o único que non enviou os datos sobre ingresos en UCI de pacientes contaxiados desde o inicio da pandemia.
Así, os únicos datos que figuran son de prevalencia, é dicir, os de persoas ingresadas a data de hoxe en UCI. Así, na información relativa aos casos de COVID-19 que precisaron hospitalización, ingreso en UCI e falecidos por coronavirus, en Galicia figuraban 83 casos deste luns, pero non o conxunto de pacientes ingresados desde o inicio da crise.
Este mesmo luns, a Xunta informaba de que o número de pacientes con coronavirus COVID-19 ingresados en UCI baixara dos 85 do domingo aos 83 rexistrados este luns. Sen embargo, tampouco informaba da totalidade de ingresos en UCI durante os case dous meses de pandemia, algo que pediu o Goberno central na última orde publicada do BOE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.