Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 09/12/2012 | Actualizada ás 09:21
Máis información no teléfono 881 995 128 de 9 a 14 h e no mail coworking@cidadedacultura.org
O AGADIC e a Cidade da Cultura presentan o seu novo espazo de coworking cultural onde poder conformar o teu proxecto nunha contorna creativa, co asesoramento de expertos no sector cultural. Os promotores aseguran que este sistema multiplica as posibilidades de negocio aproveitando as oportunidades dunha rede de contactos profesionais e benefícian a quen participe grazas a un programa especial de formación e de presentación de ideas a empresas.
Con data de 7 de novembro de 2012 foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as Bases reguladoras da xestión do espazo Emprende Cultura Gaiás, proxecto de coworking cultural promovido pola Fundación Cidade da Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Nas citadas bases establécese que se convocarán as prazas periodicamente na páxina web da Agadic, co obxecto de iniciar o procedemento de adxudicación. Por Resolución da Dirección da Agadic, acórdase publicar á primeira convocatoria.
Primeira
Convócanse, de acordo coas bases reguladoras da xestión do espazo Emprende Cultura Gaiás, 20 prazas para ser cubertas polos solicitantes que cumpran os criterios establecidos.
Segunda
A cantidade establecida como contraprestación do aluguer do espazo de traballo será de 120 euros mensuais, máis o IVE correspondente, e será abonado á Fundación Cidade da Cultura, de conformidade co compromiso asinado polas partes.
Terceira
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da presente convocatoria na páxina web da Agadic, e rematará o 30 de decembro de 2012. O prazo de resolución da presente convocatoria será de dous meses, a contar dende a data de finalización da recepción de solicitudes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.