GC Aberto

...e seguimos mentindo, verdade sr. FeijOO!

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020

Comparte esta noticia

O sr. Almuiña o día 22 de abril do 2010 e diante do Parlamento de Galicia (Diputación Permanente) asegurou que a Xunta “fai autocrítica”... pero temos que dicir, que o fixo ó recoñecer “como un erro” as decisións do Sergas, despois rectificadas, de despedir a persoal contratado pola sobrecarga do coronavirus: “A non renovación dese persoal foi un erro, unha descoordinación, e pedimos desculpas”. O problema do Sr. Almuiña é que imita o seu xefe, o sr. Feijoo: sempre que os pillamos nunha mentira, din: “foi un erro”.

Feijóo comparece ante os medios. Xunta de Galicia
Feijóo comparece ante os medios. Xunta de Galicia

Temos que celebrar que o sr. Feijoo realice un estudo epidemiolóxico, para coñecer a seroprevalencia do virus SARS-CoV-2 na poboación de Galicia. 100.000 test en duas tandas de 50.000 e en 4 semanas, para chegar a unha conclusión, que calquera experto en estatística, lle diría que non fan falta tantos test para esa conclusión: con 5.000-10.000 sería suficiente. Este estudo, que consideramos importante, pero que xa o estado español dixo que o ía facer, de 60.000 persoas, cremos que é menos importante que NON FACERLLE O TEST XS SEUS TRABALLADORXS SANITARIXS E NON SANITARIXS, algo que a día de hoxe (24 de abril do 2020: SEGUE SEN FACERSE! Consideramos que é «un novo desprezo» cara á Atención Primaria. Temos que poñer en valor que a maioría do peso do estudo, será para o persoal de enfermaría. Teñen présa por facelo (...non entendemos que non se invirta o suficiente en I+D+i para chegar a unha vacina ou tratamento da COVID-19). Preguntámonos que ten que dicir o Comité de Ética de Galicia sobre a non utilización dun Consentimento Informado validado? E do uso de cartos públicos para buscar unha información que se podería facer a menor coste (menos test).

Outra caraterística do sr. Feijoo é a de desfacerse dxs críticxs ca súa xestión: ou ben manipulando os medios de comunicación de forma descarada (o da RTVG xá é mellor tela apagada para non enterarte do que NON SUCEDE en Galicia). Ou ignorando a oposición nas súas iniciativas ou simplemente desprezando as súas opinións. Pero a maiores, non ten reparo en desfacerse de Eva Maquieira, xefa de Servizo de Ciruxía Plástica e Reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (que está en illamento por posible contaxio de coronavirus) quen se queixou nas redes sociais da "falta de liderazgo e previsión" dxs directivxs da sanidade galega. Ou o cese fulminante, despois de catro semanas de traballo exhausto con residentes seropositivos de coronavirus, do Director da Residencia Integrada de Baños de Molgas (Ourense), Miguel Ángel Vázquez, Presidente da SGXeX que non seguirá á fronte por dicir nunha entrevista na Cadena SER que as cousas nas Residencias se “fixeron tarde e mal”. 

O sr. Feijoo é moi proclive a criticar o sr. Sánchez, pero toda a oposición en Galicia coincidiu en reclamarlle ao Presidente do Parlamento, o tamén popular Miguel Santalices, que “o PP deixe de bloquear coa súa maioría as comparecencias que reclaman o resto de partidos, en particular as do propio presidente Feijóo, que só compareceu no Parlamento Galego UNHA VEZ, o 26 de marzo”; xa perdimos a conta das súas comparecencias na TeleGaitaFeijOO á hora de comer e sen límite de tempo e coas preguntas amañadas!

Outra pregunta importante para o sr. FeijOO é por que non dá a coñecer a Prevalencia de infectadxs por Coronavirus POR CONCELLOS EN GALICIA? Dato que sabemos que ten e que sería moi importante coñecer, para cando se poña en marcha a desescalada.

Tamén queremos saber que pasou coas conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, onde 250 persoas traballamos a reo para ter un Novo Modelo de Atención Primaria e que o sr. Feijoo ten aparcado nun caixón e facendo el de “especialista” en todas as materias. Consideramos un despropósito que non se apliquen as medidas ditadas nas 16 Comisións Técnicas e que sigamos tendo como prioritario o “culto ao líder” para resolver a pandemia.

A Sanidade Pública Galega non pode ter por máis tempo a estxs irresponsables como administradorxs do ben máis preciado que temos que é a saúde. O cambio de goberno é prioritario, xa!

Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta