Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 20:24
A Filmoteca Española, institución dependente do Ministerio de Cultura e Deporte, ofrece en aberto e a través de Internet a película amateur galega 'El Andamio'.
Dirixida por Rogelio Amigo, foi lanzada en 1958, en plena ditadura franquista, e inclúe denuncias políticas e sociais. O filme permanecerá dispoñible na plataforma web 'Vimeo' ata o martes 5 de maio, ás 12,00 horas.
"A película, inspirada a partes iguais polo cinema español do momento máis rompedor e por unha idea do neorrealismo italiano con toda probabilidade máis literaria que literal, é unha reivindicación en toda regra dos dereitos laborais dos traballadores", explica Filmoteca Española.
'El Andamio' foi rescatada en 2008 tras pasarse 50 anos escondida, posto que, tras os primeiros pases, as autoridades de entón informaron os seus responsables de que non era bo que se vise. Así, foi restaurada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en colaboración con Filmoteca Española.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.