Abanca obtén un beneficio de 127 millóns o primeiro trimestre a pesar do coronavirus

Escotet di que afronta o impacto da COVID-19 nunha "situación francamente privilexiada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Abanca obtivo un beneficio neto de 127 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, con provisións por valor de 78 millóns para facer fronte ao impacto da crise do coronavirus.

En rolda de prensa este martes por videoconferencia, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, informou de que a entidade afronta o impacto da COVID-19 nunha "situación francamente privilexiada" en niveis de capitalización e cobertura.

Así, Escotet destacou o "esforzo" de Abanca ante a crise do coronavirus para "tratar de manter o emprego", co apoio de financiamento a familias e pemes.

Remarca que se puxo en marcha un comité de seguimento diario e implementáronse medidas como o teletraballo para o 70% do persoal --máis de 4.000 empregados-- e mantívose aberto o 80% da rede de oficinas.

Resultados de Abanca o primeiro trimestre. ABANCA
Resultados de Abanca o primeiro trimestre. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta