A Xunta reforza con fixos descontinuos coa categoría de bombeiro forestal a campaña de lumes do verán

Serán 980 efectivos que comezan a traballar desde este luns

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/05/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural reforzará o servizo de prevención e extinción de incendios coa incorporación de 984 efectivos de distintas categorías profesionais que comezarán a traballar desde este luns, día 11, por un período de seis meses.

Segundo trasladou nun comunicado a Consellería do Medio Rural, o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdif) incorporará 830 bombeiros forestais.

A maior parte destes profesionais fixos descontinuos contarán coa categoría de bombeiro forestal, aínda que tamén se incluirán nas de xefe de brigada, peón e condutor de motobomba ou brigada helitransportada. Tamén comezarán a traballar 73 vixiantes fixos, 69 emisoristas, seis técnicos e seis operadores codificadores.

Deste xeito, despregaranse 137 brigadas terrestres en toda Galicia. En concreto, 48 destes grupos operarán na provincia de Pontevedra, 31 na de Ourense, 29 na Coruña e os 29 restantes exercerán o seu labor en Lugo.

Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas
Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta