A Xunta pide que toda Galicia pase a fase 1 o 11 de maio, pero será o Ministerio de Sanidad quen decida

Ten que cumprir unha serie de requisitos estipulados polo comité de expertos que será o que dea vía libre ás distintas autonomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este mércores que o Executivo que lidera Alberto Núñez Feijóo pedirá que toda Galicia pase á fase 1 do proceso de desescalada o próximo 11 de maio e que a referencia que se tome sexa a área sanitaria. Con todo, esa decisión será tomada polo Ministerio de Sanidad en base ás recomendacións dos comité de expertos.

Acompañado doutros dirixentes do Servizo Galego de Saúde, Almuiña detallou as características do documento que se remite ao Ministerio de Sanidade e esgrimiu a situación de Galicia neste momento --seguen en tratamento 2.808 pacientes de coronavirus e 236 permanecen ingresados--.

"Tanto os números absolutos como as tendencias son positivas no conxunto de Galicia e en todas as áreas", explicou o conselleiro, quen indicou que nos últimos 14 días non se computou ningún caso de transmisión en 190 municipios (e en 196 ningún caso de transmisión comunitaria).

Ademais, o Sergas defende a capacidade sanitaria e hospitalaria de Galicia se houbese que dar resposta a novos casos, así como de seguir e illar calquera contaxio que se detecte. Na súa intervención, Almuiña remarcou que a proposta da Xunta é tamén que haxa "unha maior flexibilidade na mobilidade entre territorios coa mesma situación epidemiolóxica" dentro da Comunidade. Con todo non aclarou se Galicia disporá das camas necesarias para evitar rebrotes. Feijóo anunciaba o luns que estaba en disposición de ter máis de 1.200 camas máis en cinco días.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentan o Plan de Hospitalización a Domicilio (HADO)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentan o Plan de Hospitalización a Domicilio (HADO)

DECISIÓN DE SANIDAD

Por outra banda, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES) do Ministerio de Sanidade, o doutor Fernando Simón, asegurou que será o Ministro de Sanidad, Salvador Illa, quen decida que CCAA pasarán de fase e cales non, despois de discutilo coas correspondente CCAA.

Segundo explicou, os técnicos do Ministerio aínda están a avaliar a documentación de moitas das comunidades autónomas que a presentaron coa petición de acceder á fase 1 o próximo 11 de maio. Por iso, sinalou que aínda non pode dar información de cales van pasar ou non de fase.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta