Chocan dúas motos frontalmente no medio dun monte en pleno confinamento

Un dos feridos tivo que ser trasladado en helicóptero.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/05/2020 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Dous motoristas resultaron feridos de consideración ao chocar frontalmente as dúas motos que conducían ao seu paso por Rabal, no municipio de Celanova (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20,00 horas deste xoves un particular avisou ao servizo de emerxencias dun accidente grave e indicou que dúas motos chocaran frontalmente no monte do pobo de San Pedro de Amedo e que os motoristas necesitaban asistencia inmediata.

Tras recibir o aviso, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras valorar a situación, comunicaron a saída cara ao punto do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais do persoal sanitario, tamén foron informados os Bombeiros de Celanova, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado dos dous motoristas, un deles na aeronave.

Conduce un quad de forma temeraria durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL
Conduce un quad de forma temeraria durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta