Publícase na rede ‘Vieiros de Esperanza’, un documental que destaca o inmenso legado cultural de Carvalho Calero

O filme foi dirixido en 2014 por Antón Rodríguez Fernández, quen agora o publica íntegro en Internet coincidindo coa semana das Letras Galegas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2020 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Coincidindo coa semana das Letras Galegas, publícase na rede o documental ‘Vieiros de Esperanza’ (2014), sobre a figura do escritor, profesor e lingüista Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero.

A película está dirixida polo ferrolán Antón Rodríguez Fernández e percorre durante 50 minutos toda a traxectoria vital e profesional do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Algunhas das persoas que participan no documental son: Darío Villanueva, Víctor Freixanes, Xesús Alonso Montero, Pilar García Negro, Araceli Herrero, Francisco Rodríguez e Xosé María Dobarro Paz, entre outros.

O documental destaca o inmenso legado cultural que deixou o profesor, cultivando todos os xéneros literarios e sendo unha das máis importantes figuras literarias da literatura galega.

A obra audiovisual permite ollar opinións que cambiaron de maneira substancial ao destes últimos anos desde a súa filmación, en 2014.

“Dende o ano 2014, cando filmamos a obra, até a actualidade, cambiaron algúns posicionamentos sobre a súa figura que consideramos todo un acerto por parte da Real Academia Galega e da cultura institucional”, explica Antón Rodríguez Fernández, quen espera que “en 2021 continúen os actos de homenaxe ao mestre” por “este desafortunado 2020 que obriga a ficar na casa” e “supón un grande atranco para a celebración das Letras na rúa, nas aulas”.

O seu autor, Antón Rodríguez Fernández (Ferrol, 1991), é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e Máster en Documental e Reportaxe Xornalístico pola Universidade Carlos III de Madrid. Ademais de dirixir e escribir o guión de ‘Vieiros de Esperanza’, foi productor da curtametraxe documental ‘¡Aúpa, Delibes!’ (2015) e director e realizador da curtametraxe ‘Aquilino das Seixas’ (2019).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta