A Xunta xustifica ante o Goberno a petición de 8 millóns para o transporte público

Sinala que se busca paliar a caída de pasaxeiros do 97 por cento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas xustificou ante o Goberno central a petición realizada de compensación de 8 millóns de euros para o transporte público polo mantemento do seu funcionamento durante o estado de alarma e ante o impacto polas restricións á mobilidade.

Así, a Xunta sinala que se busca paliar a caída de pasaxeiros do 97 por cento no transporte público interurbano en Galicia a raíz do coronavirus, que xera unha necesidade de financiamento adicional no sector.

Infraestruturas apunta que durante 2018 e 2019 as concesións de transporte público interurbano percorreron unha media de 43 millóns de quilómetros anuais. Mentres, en 2020 a cifra de quilómetros incrementouse nun 25% ata alcanzar case os 54 millóns, debido aos 98 novos contratos que comezaron a prestarse en xaneiro.

Así mesmo, o Goberno galego resalta que entre marzo e abril achegou un millón de euros en anticipos polos servizos de transporte interurbano prestado coas concesións actuais.

Condutora dun bus Vitrasa en Vigo con máscara
Condutora dun bus Vitrasa en Vigo con máscara | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta