Feijóo quere convocar a millóns de galegos a votar no momento no que se esperan rebrotes da epidemia

Asegura que o seu grupo de expertos dille que hai que facer as eleccións canto antes porque virán milleiros de turistas en xullo e agosto. E, precisamente, o presidente galego quere convocar aos galegos en xullo, en plena época de rebrotes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou para este xoves aos partidos políticos para abordar o horizonte electoral, aínda que avanzou que tanto os informes dos seus expertos sanitarios como o estudo epidemiolóxico que colexios de médicos cualificaron de "non fiable", aconsella que se celebren "canto antes".

Feijóo sinalou que hai "coincidencia" en que o mellor momento sanitario pode estar "a principios de verán" e en que, canto máis se atrase a convocatoria, "máis risco de rebrote haberá". Isto fai que os comicios se puideran celebrar o segundo domingo de xullo, cando a Galicia teñan chegado milleiros de persoas doutras autonomías que poden incrementar o risco de contaxio como o propio presidente recoñeceu.

Así, tras os consellos dos seus expertos e tras escoitar á oposición, Feijóo adoptará a decisión "máis responsable" posible. Con todo, a súa decisión parece xa tomada de antemán, xa que toda a oposición manifestou nos últimos días a celebrar eleccións en xullo, cando o máis importante é pensar na saúde das persoas.

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deposita o seu voto nas urnas das eleccións xerais do 10N. CEDIDA
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deposita o seu voto nas urnas das eleccións xerais do 10N. CEDIDA

O "SEU COMITÉ DE EXPERTOS"

O líder do PPdeG insistiu en defender ir a eleccións cando a pandemia aínda non está controlada en base a informes do seu comité de expertos –sanitarios nomeados polo propio Goberno galego como xefes de área dos seus hospitais públicos-- e en base ao estudo epidemiolóxico da Xunta que colexios médicos xa dixeron que podía ser non fiable. Unha cifra que, de ser certa, suporía que a xente que acuda a votar en xullo ante a chegada de miles de turistas doutras autonomías, como Madrid, podería estar exposta ao virus e transmitilo masivamente nos colexios electorais.

A miña opinión tomeina logo de escoitar aos expertos que teñen nome e apelidos e que ostentan cargos nos hospitais de Galicia e que din é que o mellor é facer as eleccións canto antes e que canto máis se atrasen, máis risco de rebrote haberá”, dixo. Tamén aludiu ao estudo epidemiolóxico –moi criticado pola comunidade médica-- que apunta que só o 1% dos galegos estivo contaxiado.

TURISTAS

E as eleccións de celebrarse a mediados de xullo como quere Feijóo serían en medio dunha chegada masiva de turistas do resto do Estado que poderían contaxiar aos galegos e iniciar os tan temidos rebrotes. Un tema que Feijóo intentou esquivar a pesar de ser preguntado ata en dúas ocasións por Galicia Confidencial e El País.

Entón cambiou a resposta e dixo que o de convocar eleccións en xullo “non é un capricho”. “Tiñamos que ter votado o 5 de abril pero non puidemos facelo”, xustificou polo estado de alarma. Un estado de excepcionalidade xurídica que, curiosamente, non lle vale agora para seguir prorrogando a data electoral. “Non podemos utilizar a excepcionalidade para seguir atrasando os comicios –legalmente a data para celebrar eleccións está vixente ata finais de setembro-- que os expertos non recomendan. Sería sorprendente agora que sexamos criticados por ir votar. E o responsable de facelo é cando hai menos risco e o irresponsable é facelo cando menos risco hai”, xustificou.

CONSULTA COA OPOSICIÓN COMO MERO TRÁMITE

O presidente galego dixo que, en todo caso, consultará a decisión coa oposición, como quedara tras suspenderse os comicios en abril. Con todo, naquela suspensión, acordarase que a nova data electoral sería co “consenso” da oposición. Algo que non semella querer cumprir xa que todos os partidos do Parlamento, agás o PP, xa anunciaron que é unha “temeridade” ir votar en xullo porque se pode poñer en perigo a saúde dos galegos.

A quen semella que parece escoitar máis que á oposición é ao lehendakari Íñigo Urkullu, con que di que fala habitualmente e non ocultou que tamén con el tamén estivo conversando sobre os comicios. De feito, e novamente, Feijóo podería facer coincidir as eleccións galegas coas vascas.

SEGURIDADE DO VOTANTE

O presidente galego non sabe aínda como se garantizará a seguridade dos votantes. “Faremos as consultas correspondentes para tentar facilitar o distanciamento físico para votar e protexer a votantes e incrementar os servizos de seguridade social”, dixo. “Tentaremos buscar unha fórmula flexible para que a xente vaia votar. Este tipo de cuestión se irán definindo porque hai tempo para facelo”, limitouse a responder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Gamela

Novo censo electoral a data 1 de abril 2020 // A CORUÑA = 926.288 + 159.640 = 1.085.928 // OURENSE = 257.448 + 101.124 = 358.572 // LUGO = 275.238 + 67.480 = 342.718 // PONTEVEDRA = 770.908 + 133.705 = 904.613 // Total votantes en Galicia 2.229.882 Total votantes CERA 461.949 TOTAL CENSO ELECTORAL 2.691.831

1 Gamela

Nas eleccións de 2016 o censo total de votantes era de 2.284.202 electores https://resultados.elpais.com/elecc... O único sentido para retrasar as eleccións sería agardar a aumentar a xente nova que terá dereito a votar en setembro e non en xullo ? De feito o censo subiu 407.000 novos electores dende o 2016 a hoxe ! Cumpleanos Feliz !!!