Queremos Galego reivindica que "o galego estea en todo e para todo" na homenaxe a Carvalho Calero

A plataforma realiza un acto simbólico en Santiago debido as restricións polo coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

A plataforma Queremos Galego reivindicou este Día das Letras Galegas que a lingua propia "estea en todo e para todo", na ofrenda floral que realizaron en Santiago en honra ao autor Ricardo Carvalho Calero. "Precisamos o galego para desenvolvernos como pobo e que Galicia sexa un país desenvolvido a nivel económico, social e cultural", destacou este domingo o portavoz desta plataforma cidadá, Marcos Maceira, en declaracións a Europa Press.

Ante a imposibilidade de organizar unha manifestación para destacar a importancia do idioma no país, Queremos Galego celebrou un "acto que se fixo dentro do que se podía facer", debido ás limitacións que supón o estado de alarma provocado pola pandemia de coronavirus.

A pesar de todo, Maceira destacou a importancia de homenaxear ao autor este 17 de maio: "Queriamos lembralo porque contribuíu" a todos os ámbitos nos que a lingua galega carecía de espazo durante o século XX. "Realmente foi unha persoa moi relevante para que hoxe exista un movemento a favor da lingua" e por este motivo, a plataforma cidadá quixo "recoñecer a súa figura", explicou o seu portavoz.

A conmemoración non só se limitou ao acto floral que contou coa presenza de distintas personalidades, senón que tamén tivo unha forte repercusión nas redes sociais a través do hashtag #queremosgalego e #precisamosogalego. De feito, Maceira subliñou que o primeiro "foi tendencia entre as 12,00 e as 13,00 horas", ao mesmo tempo que se celebraba a ofrenda floral.

Para a plataforma "cumpriuse o obxectivo" co que encararon este Día das Letras Galegas. Deixaron claro que o que pretenden é "vivir en galego, que o galego estea en todo e para todo" e que "a historia se pode rectificar" revertendo a "presenza marxinal" do galego na educación, ha ejemplificado.

A LINGUA COMO "SÍNTOMA DE RIQUEZA E ORGULLO"

Á ofrenda floral asistiron personalidades e colectivos de diferentes ámbitos, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, representantes da CIG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e A Mesa pola Normalización Lingüística.

No marco deste día, a líder nacionalista destacou a valía de "ter unha lingua propia", que é "síntoma de riqueza e orgullo", aínda que "agora mesmo estea en situación de emerxencia e corra risco de futuro". Non esquece que "isto non é froito da casualidade", senón das "políticas deliberadas en contra do galego" que "se produciron nesta década de gobernos de Feijóo".

Ofrenda floral a Carvalho Calero non Día das Letras Galegas. A MESA
Ofrenda floral a Carvalho Calero non Día das Letras Galegas. A MESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

Dejaron claro que lo que pretenden es "vivir en galego, que o galego estea en todo e para todo". Yo creo que este objetivo corresponde a cada persona en particular decidiendo para si que lengua quiere hablar y no es tarea de ningún colectivo decidir que lengua tienen que usar los gallegos, salvo que se trate de alguna secta que desea evangelizar a la gente. De todos modos esto que piden ya lo disfrutan todos los gallegos que quieren usar el idioma gallego. La verdad no comprendo donde estan encerrados los de este grupo para no darse cuenta. Por lo que hay que luchar es por la libertad lingüistica dentro de la diversidad gallega representada en dos lenguas que hay en Galicia. No se en que Galicia virtual viven para no darse cuenta de que en Galicia existen dos lenguas desde tiempos inmemoriables y que los gallegos salimos enormemente perjudicados si hacemos caso de sus bobadas.

1 nostrus

¿Hai algun nacionalista-listo que sexa capaz de explicarme que gañariamos si os galegos renunciamos a algunha das nosas linguas?, ¿hai vida intelixente dentro do nacionalismo?. Eu creo que estos actos son só para aparentar que algún chupóptero cazasubvencions fai algo polo que lle pagan. Repito: hai que loitar polo bilingüismo, que é a realidade gallega e a verdadeira identidade, ¿acaso os castelanfanates non teñen direito a vivir no seu idioma?, ¿é o nacionalismo unha ideoloxia racista e só son galegos os galegofalantes?, ¿vivir en Cristo e que Cristo estea en todo e para todo?.....deixemos que cada galego decida como quere vivir, ¿para que vale o nacionalismo?....en Murcia non o teñen, son felices sin él e ninguén mexa por eles.