Temas: TURISMO

Reformula as axudas destinadas aos municipios para turismo rural ante o coronavirus

O obxectivo é adoptar fórmulas máis flexibles para axilizar subvencións e axustar os requisitos e condicións á situación actual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A Xunta informou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) de que reformula as axudas destinadas, principalmente, a turismo rural co fin de adaptarse ao impacto do coronavirus.

Nun comunicado, o Goberno galego sinala que se readaptan as achegas para a contratación de persoal en oficinas de turismo, as festas de interese, as infraestruturas turísticas e os geodestinos.

O obxectivo é adoptar fórmulas máis flexibles para axilizar subvencións e axustar os requisitos e condicións á situación actual.

Estas son axudas que a Xunta convocaba anualmente a través de ordes, pero que pasarán a realizarse mediante convenios individuais para axilizar a súa tramitación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este martes, 19 de maio, a resolución destes efectos para aplicar estas novas partidas orzamentarias, pero, "en ningún caso, suporá unha supresión das axudas", asegura.

Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal
Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal | Fonte: turismo.gal

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta