A caída do petroleo cru beneficia a España: a factura abarátase 18.000 millóns anuais

A baixada dos prezos do petróleo permitirá un aforro importante para o Estado. O barril de cru está custando 20 dólares, en tanto que o país importa 500 millóns de barrís anuais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

España non se caracteriza por ser unha gran exportadora de petróleo. Por tanto, case na súa totalidade debe importar o cru e gas que consome. Debido a estas características, poderá sacar partida á histórica caída do prezo do petróleo cru, o cal alcanzou cifras de hai uns 20 anos atrás. 

A caída do petróleo cru beneficia a España
A caída do petróleo cru beneficia a España | Fonte: unsplash

De acordo coa Corporación de Reservas Estratéxicas de Produtos Petrolíferos (Cores), en 2019 España importou 66,3 millóns de toneladas de cru. Deste total, o 40 % chegou procedente de África, fundamentalmente de Nixeria. No entanto, dentro dos países que forneceron petróleo temos outros cunha situación política inestable ou baixo réximes, como Arabia Saudita, Libia, Iraq, Guinea Ecuatorial, Venezuela ou Rusia. Outros abastecedores son Brasil, México e Estados Unidos.

O obxectivo de Cores é garantir unha repartición da importación, de modo que se algún falla, o proceso non se deteña. A caída dos prezos do petróleo permitirá un aforro importante para o Estado. O barril de cru está a custar 20 dólares, en tanto que o país importa 500 millóns de barrís anuais. En suma, a factura alcanza os 10.000 millóns de dólares.

No entanto, se se fai a conta cun prezo de 60 dólares (case o que custaba o barril en 2019), o resultado supera os 30.000 millóns. É dicir, o aforro que se logrará alcanzará os 20.000 millóns de dólares (uns 18.000 millóns de euros). Aínda que os cálculos son optimistas, o máis probable é que as contas non sexan así. En primeiro lugar, o prezo do cru debe manterse no nivel actual durante todo o ano, o cal pode ocorrer, pero a incerteza é total. En segundo lugar, España non necesita, do mesmo xeito que o resto de países, tanto petróleo como o que importaba en anos anteriores onde non habían sectores paralizados nin pandemia ningunha.

A demanda do cru e os seus derivados entraron en caída libre por mor das medidas de confinamento impostas desde o 14 de marzo. En España o consumo de gasolina reduciuse nun 80 %, en tanto que o gasoil diminuíu en 60 %. As refinarías nacionais continúan traballando, pero apuntan a exportar. Segundo información de Cores, en 2019 exportaron 22,8 millóns de toneladas de produtos petrolíferos.

A caída do prezo do petróleo golpeou, principalmente, os grandes exportadores, os cales son, en maioría, países do Oriente Medio. Doutra banda, en países como Estados Unidos vívese un clima de incerteza respecto de cando se recuperará a industria, polo que moitos investidores están a experimentar xigantescas perdas. Esta situación orixinou que moitos produtores opten por pechar os seus pozos. Na súa maioría, teñen débedas millonarias, polo que o seguinte paso é a bancarrota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta