A CIG-Ensino pide manter a teledocencia ata finais de curso e rexeita as medidas da Consellería

O sindicato avoga porque sexa o criterio docente o que determine a presencialidade do alumnado nos centros educativos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/05/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A CIG Ensino considera as medidas presentadas pola Consellaría de Educación, como un exercicio que desbota todo o esforzo realizado pola comunidade educativa para a implantación da teleformación. Isto inclúe a recente adaptación das programacións didácticas.

Aula de centro educativo
Aula de centro educativo | Fonte: EP

Desde o sindicato sinalan que o único cambio que fixo a Consellería foi a rectificación, despois das críticas da CIG-Ensino e outros sindicatos “á incorporación do profesorado de grupos vulnerábeis mentres non se produce o informe da Inspección Médica”. A Consellería tamén rectificou sobre eximir da reincorporación presencial aos centros de profesorado co obriga de custodiar fillos ou fillas, até os 12 anos incluídos, así como persoas maiores dependentes a cargo.

O sindicato apunta que insistiu en aproveitar o mes que queda para planificar correctamente como se desenvolverá o próximo curso. Ao mesmo tempo cualifica de temeridade a intención da administración de "dar sensación de normalidade" coa presencialidade xeral do profesorado nos centros. Consideran que isto último pon en risco a saúde de familias enteiras nun momento en que a pandemia aínda está sen controlar.

Así mesmo, a CIG lembra que o protocolo de medidas de protección incumpre a Lei de Preveción de Riscos Laborais, e insta á Consellaría a facer unha avaliación individualizada en cada centro. Así terían claras as adaptacións de espazos e de equipamento que hai que realizar antes do mes de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta