Temas: COVID-19 ALLARIZ

'Allariz San', distintivo para os establecementos que cumpran os protocolos sanitarios

Esta iniciativa e outras, como reforzar a Marca Allariz, foron presentadas dentro do paquete de medidas enmarcadas no 'Plan de reactivación económica e social' que contempla o goberno local para o que resta de 2020.

Por X.M. Fernández | Allariz | 25/05/2020 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Reactivar Allariz dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan presentado o pasado xoves pola la Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e a Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, María López.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

Para favorecer a circulación de persoas e a actividade comercial contémplase entre as medidas, a humanización en espazos públicos, para acondicionar estes á actividade comercial e persoal da cidadanía, facilitando a circulación de persoas e garantindo que se podan cumprir as medidas de distanciamento social; e tamén a prioridade de cara á peonalización do Casco Histórico cun cambio da sinalización do mesmo restrinxindo a circulación de vehículos e permitindo só o acceso para carga e descarga, residentes ou vehículos autorizados . 

Seguirase traballando a Marca Allariz, reforzando e intensificando as medidas que se estaban xa tomando, aumentando o valor do Casco Histórico e dinamizando o mesmo.

Outra iniciativa destacada dentro do plan de reactivación é a creación dun distintivo, "Allariz San". Este selo estará a disposición de todos os establecementos que se queiran acoller e garantirá que cumpre todos os protocolos, non so os que marca o Estado a través do BOE, senon algún a maiores que se acordou co sector durante estes días.

En relación á actividade empresarial no polígono industrial será a modificación do custe do chan do Parque Empresarial de Chorente, rebaixando as parcelas ata os 35 €/m².

FEIRAS E MERCADOS

Neste apartado, o plan de reactivación contempla a reorganización das feiras en Allariz, feiras que están distribuídas por todo a vila, e non concentradas nun só punto. O Concello de Allariz reactivará as feiras pero cunha nova organización do espazo. A idea é que a partir de agora estean repartidas por varios espazos de Allariz, dende a Barreira, Campo dos Brancos, Praza do Eiró, Alameda de San Bieito, Rúa Entrecercas, na zona de Santo Estevo e na Praza do Matadoiro.

Outra das novidades da Feira en Allariz será o cambio de data. Anteriormente a feira en Allariz celebrábase cada 1 e 15 de mes e agora pasará a celebrarse todos os sábados do ano, na que os feirantes encherán as rúas do Casco Histórico cos seus produtos. Así mesmo, o Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz seguirá aberto.

Temas: COVID-19 ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta