España, España

Vivimos un tempo especial. Un virus inesperado irrumpiu nas nosas vidas e o gobermo tivo que tomar medidas especiais para frear unha pandemia mundial que de súpeto trouxo moitos milleiros de mortos. Polo tanto, estamos a pasar unha crise que, queiramos ou non, deixará unha marca e uns estragos persoais e económicos que, en maior ou menor grao, teremos que pagar todos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/05/2020

Comparte esta noticia

Con todo, cada estado afrontou a crise da mellor forma que pudo, e aínda que houbo moitos erros,  en Europa case todos os gobermos  afrontaron  o Covid 19 partindo dun principio: a saúde do  ser humano, estaba primeiro e logo a economía.

Un home pasea no seu coche polo centro de Barcelona mostrando unha bandeira española como rexeitamento ao referendo de independencia en Cataluña
Un home pasea no seu coche polo centro de Barcelona mostrando unha bandeira española como rexeitamento ao referendo de independencia en Cataluña | Fonte: Miguel Núñez.

Polo tanto, houbo que  restrinxir os movementos das persoas pra frear a pandemia, para  logo poder camiñar  cara á  normalidade e que a roda económica  volva a dar voltas.
Mais, un sector que patrimonializa o nome de España como se fora unicamente deles, saíu á rúa cos seus carros e bamdeiras clamando liberdade e pasando ampliamente das normas sanitarias que a todos nos obrigan. E o velos coa simboloxía, algúns preconstitucional,  na mente de moitos cidadáns volveu a imaxe da España de roxos e azuis que noutro momento  enfrontou a uns con outros.

Estas imaxes, e outras pertencentes a outros países como é o caso de Brasil, avivan a memoria e sinalan que, dende hai uns anos, rexurden a ideoloxías baseadas no radicalismo que a mediados do século vinte trouxeron o fascismo e o nazismo na vella Europa. As novas tecnoloxías e as redes sociais son o camiño  perfecto que se presta para a difusión e manipulación de sectores sociais que son proclives a crer nos novos encantadores de serpes. Novos deuses que predican xenreira,  odio ó diferente e  excluen ós que non pensan coma eles. O vídeo, no que o presidente do Brasil arremete contra xuíces e gobernadores daquil estado, é unha proba da degradación da democracia ó elexir a persoeiros como Bolsonaro que co seu predicamento engaiolou a moitos brasileiros.  E desta maneira chegaron ó poder xentes con poucos escrúpulos que gobernan pra impor réximenes  antidemocráticos.

A forza bruta dos mellor acomodados ensina os dentes clamando  libertade pra manipular ó seu antoxo e cercenar esa  libertade de pensar e vivir en comunidade dende o repeto. Ensinan a faciana para lembralle, ós que non pensan como eles, que eles son os donos da casa común e os demais son, ou se prefiren somos,  alugueiros. Reclaman o poder que pensan lles pertence dende sempre. Berran España, España como se iste territorio  somente fora deles.

A manifa do domingo amosa a arrogancia dos que mellor viven, dos ben acomodados,  e sinala que o humanismo social  perde espazo nesa zonas onde non se quere ver a precariedade dos desfavorecidos;  pois moi pouco lles importan as colas das xentes indo ós comedores sociais a pedir mantenza.

As expresións e  algaradas do domingo demostran que o respeto institucional nada importa. E que un sector social mira cara o franquismo con nostalxia.  E  quere desmostar que  aínda está latente e activo. En fin: estemos atemtos pra non caer na trampa do enfrontemento.
 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com