A Xunta non aclara que faría se hai rebrotes pero di que ten un "protocolo único" para rastrexar positivos

Feijóo destaca que este protocolo non existe aínda a nivel estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Xunta traballa desde "hai semanas" cun "protocolo único" que establece "relación directa" entre centros de saúde e hospitais de cada área sanitaria para detectar e rastrexar positivos en coronavirus para minimizar o risco de que se produza un rebrote da epidemia.

Así o expresou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, a preguntas dos medios sobre os mecanismos para a detección de rebrotes durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta celebrada este venres.

O mandatario popular defendeu que en Galicia existe "un protocolo médico" para previr e actuar ante posibles rebrotes no que participan profesionais que rastrexan contaxios e os seus contactos, algo que, di, aínda non hai a nivel estatal.

"Unha vez detectamos a unha persoa con proba PCR positiva, automaticamente establecemos unha análise de círculo que tiveron contacto nos días para ir a eses fogares e facer un test PCR para saber se poden ou non estar contaxiados", sinalou.

Por outra banda, existe un protocolo en atención primaria para realizar probas en prazo de "entre 24 e 48 horas" a pacientes con "sintomatoloxía compatible" con Covid-19 e, ademais, as áreas sanitarias contan cun sistema de coordinación entre centros médicos e hospitais para o seguimento destes posibles infectados.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta