Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 18:25
As comisarías galegas rexistraron un total de tres denuncias por posibles casos de tortura en dependencias da Policía Nacional desde principios do ano 2009. Así o reflicten os datos facilitados polo Goberno tras unha pregunta formulada na Cámara Alta polo senador de Compromís Carles Mulet.
A primeira delas foi en 2010 na comisaría de Distrito da Coruña-Norte. Tres anos máis tarde produciuse outra na comisaría local de Ferrol e un ano despois na Xefatura de Santiago.
O Goberno especifica que na resposta a Compromís se enumeran os 115 expedientes gravados pola Dirección Xeral da Policía en aplicación do Plan Nacional de Dereitos Humanos "con independencia do lugar, unidade ou administración onde se presentase a denuncia, e sen que tal rexistro presupoña a realidade dos feitos nin a responsabilidade dos axentes denunciados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.