Acusan á Xunta de querer aproveitar a COVID para privatizar e "desmantelar" a universidade pública

Estudantes e sindicatos rexeitan o plan da Xunta para avanzar na "semipresencialidade" de cara ó curso que vén: "pretenden aumentar a precariedade e dar saída á universidade privada".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A Plataforma pola Defensa da Universidade Pública vén de publicar un comunicado en rexeitamento do programa proposto pola Xunta para converter o modelo de ensino universitario do vindeiro curso cara a unha modalidade máis telemática e menos presencial.

Unha estudante utiliza o seu computador portátil. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha estudante utiliza o seu computador portátil. UNIVERSIDADE DE VIGO

A asociación, conformada por organizacións sindicais e estudantís, considera que a intención do goberno autonómico pasa por dar "permanencia" ás medidas para "aumentar a precariedade" do ensino superior público e abrir a porta á iniciativa privada.

"A implantación do ensino virtual e mesmo do semipresencial na universidade pública conduce a unha diminución das esixencias para a autorización de titulacións, algo do que hai unha boa mostra nas universidades privadas no Estado", recollen.

ESIXEN GARANTÍAS

En resposta ó "desmantelamento" da universidade, a plataforma formula un escenario no que será necesario "deseñar respostas variadas" para coordinar os criterios sanitarios coa "obriga de ofrecer ó alumnado os mesmos dereitos". En calquera caso, demandan ás universidades galegas a "garantía" de que os recursos virtuais terán un carácter excepcional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta