A Rapa das Bestas arrinca este venres

Esta festa constitúe un modelo turístico "descentralizado" das Rías Baixas.

Por Europa Press / Redacción | A ESTRADA | 02/07/2025 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Rapaa das Bestas arrinca este venres na parroquia de Sabucedo, na Estrada, como bandeira do modelo turístico "descentralizado" das Rías Baixas. Así o trasladou o presidente da Deputación, Luís López, na presentación do evento celebrada este mércores. Durante a súa intervención defendeu que o turismo do suroeste galego está ligado á natureza e á cultura e atrae a público "de todo o mundo" con eventos como este.

Promovida pola Asociación Rapa das Bestas, o Concello da Estrada e coa colaboración da Deputación, a súa celebración esténdese ao 4 e ao 7 de xullo. A cita está declarada de interese internacional e a Xunta aprobou este luns concederlle o título de Ben de Interese Cultural (BIC). "A Rapa das Bestas é moito máis que unha festa popular. É un acontecemento que nos permite conectar coas nosas raíces", destacou López, en alusión ao momento no que se sobe aos montes, por exemplo. Ademais, é unha tradición que se transmite "de pais a fillos". Así mesmo, esta cita xoga un papel central no "orgullo de ser de interior" e na descentralización do turismo. "A Rapa das Bestas é moito máis que cortar as crines do cabalo", engadiu.

Presentación da Rapa das Bestas, a 2 de xullo de 2025. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Presentación da Rapa das Bestas, a 2 de xullo de 2025. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta