O sector TIC presenta a maior taxa de actividade da poboación galega especializada, un 90,2%

As maiores taxas de ocupación son dos formados, precisamente, nos sectores da Tecnoloxía da Información e a Comunicación, seguido dos formados en ciencias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) presentou a maior taxa de actividade da poboación galega especializada en 2019, un 90,2%, segundo datos difundidos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) obtidos a partir de variables de submostra da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estatística (INE).

En concreto, o 56,2% dos galegos ocupados en 2019 estaban especializados nalgunha área, entre as que destacan as correspondentes a negocios, administración e dereito (14,3%); mecánica, electrónica e outra formación técnica, industria e construción (11,6%) e saúde e servizos sociais (8,5%). Ademais, o 62,7% dos galegos contaba en 2019 cun nivel de formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais.

O IGE tamén sinalou que as taxas de actividade, ocupación e paro varían en función do nivel de formación. De feito, en 2019, as maiores taxas de actividade rexistráronse na poboación formada en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) (90,2%), ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas (82,4%), e en negocios, administración e dereito (81,3%).

Ademais, obsérvanse diferenzas por sexo na taxa de actividade. Así, as TIC contan cunha maior taxa de actividade para os homes (92,6%) e as mulleres presentan os maiores valores en ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas (85,3%).

Unha muller traballa diante de varias pantallas de ordenador
Unha muller traballa diante de varias pantallas de ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta