O Goberno aprobará o martes o uso obrigatorio de máscaras despois do estado de alarma

Os servizos de saúde garantirán tests a todas as persoas con síntomas e concederán licenzas especiais para fabricar material sanitario e de protección

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/06/2020 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O Goberno aprobará este martes no Consello de Ministros un Real Decreto coas normas que se deberán seguir unha vez termine o estado de alarma para evitar rebrotes polo coronavirus.  Esta nova orde obrigará a usar máscaras ás persoas de seis anos en diante sempre que non se poida garantir o mantemento de distancia de seguridade. O uso obrigatorio de máscaras, que se aplicará tamén en transporte público, non se aplicará a aquelas persoas con problemas respiratorios.

Así o anunciou este domingo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia na rolda de prensa posterior á reunión cos presidentes autonómicos. "Unha vez superada a fase aguda requírense outras medidas, que se están traballando xa no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e que rexerán mentres se manteña a emerxencia sanitaria",

O documento que o Executivo aprobará o martes recollerá tamén medidas organizativas de prevención e hixiene para establecementos de traballo, centros docentes, centros sanitarios, comercios, medios de transporte público ou instalacións deportivas, entre outros, "para evitar a coincidencia masivas de persoas".

A nova orde incluirá tamén medidas sobre medicinas e produtos sanitarios, que, segundo asegurou Sánchez, garantirán o abastecemento de medicamentos esenciais. Ademais, está previsto que a Axencia Española de Medicamentos poida outorgar "licenzas excepcionais" para a fabricación de máscaras e outros equipos de protección.

Así mesmo, Sánchez destacou que o documento establecerá a obriga ás autoridades de saúde pública competentes de facilitar "todos os datos necesarios" para o seguimento dos casos de Covid-19 e "coñecer de maneira inmediata os casos e os rebrotes".

"A todo caso sospeitoso realizaráselle unha proba diagnóstica por PCR ou outra técnica tan axiña como sexa posible", subliñou o presidente do Executivo, que tamén destacou que as comunidades autónomas "deberán garantir a capacidade de responder ante posibles rebrotes a través da elaboración de plans de continxencia ante o virus".  Neste sentido, o presidente do Goberno engadiu que as comunidades autónomas "deberán garantir un mínimo de asistencia en Atención Primaria e hospitalaria".

Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus
Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Comentario algo alucinado e na liña " conspiranoide", a verdade. So lle falta decir que o do covid é mentira. O " nivel de sumisión da poboación mundial" desde logo nunca debeu ser tan baixo coma agora.

1 Ana

¿Quen se responsabiliza das consecuencias para a saude de respirar dióxido de carbono e estresarse por levar o bozal?. Confinamento, aplausos, bozal, distanciamento social... ¿Estaran medindo o nivel de sumisión da poboacion ao Novo Orde Mundial (a Nova Normalidade)?. Qué será o próximo: ¿A vacuna obrigatoria ou un chip para controlarnos?. Despertemos xa!.

1 Realpolitik

O parlamento europeu senta moi mal ás galegas rupturistas...