Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2020 | Actualizada ás 21:35
O persoal da UCI do hospital clínico de Santiago anuncian a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro luns día 15 de xuño. O motivo é a denuncia de deficiencias dentro da Unidade de Coidados Intensivos, e que se manifestaron de maneira máis patente durante a pandemia de COVID-19.
Entre outros punto, denuncian a falta de separación entre pacientes feita só con biombos ou cortinas, cousa que tamén inflúe sobre a privacidade e intimidade das persoas ingresadas. Ademais, reclaman a ampliación desta unidade ante a falta de espazo, en detrimento tanto da seguridade como da atención aos e ás ingresadas.
Durante o período de confinamento e a peor parte da pandemia por coronavirus, “mostramos todas estas deficiencias”, mesmo tendo que estar toda a quenda vestidos co EPI completo. Denuncian que isto creo cansanzo e malestar entre o persoal, cousa que tamén influiu nas persoas ingresadas.
Xunto a todo isto está falta de compensación para a rateo enfermeira-paciente. Durante o período máis forte do coronavirus, as persoas ingresadas compartían enfermeiras e enfermeiros, sen que “se tivese en conta a situación ou necesidade de coidados". Tamén isto prexudica na mobilización da persoa ingresada por non ter o persoal coñecementos da tipoloxía dos coidados específicos de cada persoa.
Actualmente a Dirección da Xerencia e os representantes do persoal están en negociacións para solucionar as peticións e deficiencias que denuncian da UCI. Non obstante, as propostas da dirección non son abondo convincentes porque non inclúen o benestar do paciente e non antepón os seus dereitos sobre todo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.