Abascal mete en campaña a súa avoa galegofalante: “Feijóo está tolo”

Abascal utiliza a súa avoa, natural dunha aldea da Ribeira Sacra, de orixe humilde e galegofalante, para atraer o tradicional electorado do PP.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2020 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Santiago Abascal, líder de Vox, sorprendeu este xoves coa publicación nas súas redes e na do seu partido dun vídeo na que sae coa súa “abueliña”. A muller, María Jesús Álvarez, de 91 anos, presume de neto e das súas orixes humildes e “fondamente galegas”.

'La abueliña', a avoa galega de Abascal
'La abueliña', a avoa galega de Abascal | Fonte: youtube

“Bueno abueliña, que dice Feijóo que los de Vox no tenemos nada que hacer en Galicia, ni nada que ver con Galicia, que no pintamos nada allí”, comeza o vídeo no que Abasal presume de avoa e de raíces galegas. “Ese está tolo”, espeta a muller. De feito, en todo o vídeo, de 6,30 minutos, hai varias referencias ao presidente da Xunta e ningunha aos partidos da oposición de Galicia. A muller chega a dicirlle ao seu neto: "Ti tes máis sangue galego que Feijóo".

Unha clara estratexia de Vox para tentar apañar votos no tradicional electorado popular, galegofalante, de aldea, con sentimentos galeguistas pero tamén españois. Por iso, Abascal utiliza a súa avoa que fala practicamente todo o vídeo en galego e chega a dicir que ela é “fondamente galega”, pero que o galego, como o vasco, “vale para aquí e o español é mundial”.

“Eu nacín en Canaval, provincia de Lugo, e crieime en Padrón, polo destino do meu pai, que era da Renfe”, destaca María Jesús Álvarez, que lembra a dura vida da súa infancia e a do seu pai, así como a fame que pasaron durante a postguerra da ditadura de Franco., unha época da que, curiosamente, se sinte orgullosa a dirección de Vox.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Gamela

Levamos tempo avisando pero cada quen sigue enrocado nas súas posicións numantinas ! https://twitter.com/00Gamela/status... Malo será...

4 nostrus

Abascal sera o que queira igual que os demais, pero alomenos declarase constitucionalista (se non nons engana), moi lonxe dos nacionalismos que a Constitucion non lles vale. Hai que reseñar que calquer tipo de feixismo hai que buscalo fora do constitucionalismo, habida conta de que o constitucionalismo esta composto de xente democrata que se manifesta leal ao acordo feito entre todos no 78, independientemente da sua opinion antes de acadado o acordo. Polo tanto, aqueles que se afanan en buscar o feixismo que o busquen fora do constitucionalismo.

1 Currelante

Hai, o Sagrado Constitucionalismo de Voxtrus! O daquela Alianza Popular votando NON en 1978! De Felipe X practicando terrorismo de estado e as moitas ducias de ilegalidades do PsoEspañol polas que nunca respondeu! De Bárcenas e os 71 casos certificados --e milleiros silenciados-- do Partido Podre que amamantou a criatura do fascio Abascal! Dos Bribóns como reis das revistas, da mafia e do puterío! De Corrupción Sistemática Constitucionalista que equivale a continuidade dos roubos do réxime franquista co verniz das familias donas da xudicatura que disimulan, bendice a igrexa católica con priviléxios a cambio, dos medios vendidos que todo tapan e da caste dos militares que meten medo!!! Biban os Prostitucionalistas Españois!!!

3 Ros

Non se pode ser máis patètico. Jajaja

2 Gamela

Unha cousa é votar e outra ben distinta ser demócrata ! Pero lamentablemente iso da democracia xa non vende en ningures ! Se non que llo conten a Paco Rodríguez escribindo hoxe a súa columna no Diario Nós contra Madrid e contra a Unión Europea ! Cada tolo co seu tema... e nós (os comentaristas de GC) que pensamos facer da nosa vida (?) https://twitter.com/00Gamela/status...

1 cachamuíña

Galicia, País Vasco, Castilla. Cantabria...España unida, España eterna, España pura

1 José

Si home, si. Prefiro mil veces a canción de Suso Vaamonde

2 Atlantic

Iso somos os Norteños... España é o terreo reconquistado...de ahí as Españas (taifas hispanas musulmáns)