Partido de elite no Anfield Carro

O Lugo tumbou a Ud Las palmas nun partidazo do equipo lucense que rematou 3-1. As Palmas foi un dos mellores equipos que pasou pola cidade galega.

Por gcdeportes | Lugo | 27/01/2013 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Las Palmas dominou no inicio do partido con moitas chegadas á área lucense grazas á rapidez das súas puntas . O mal estado do campo beneficiou os canarios no minuto 17, cando nunha cesión a Yoel, este errou un despexe que aproveitou Thievy para marcar o 0-1.

Siareiros do Lugo e da Ponferradina nun dos últimos choques entro os dous equipos
Siareiros do Lugo e da Ponferradina nun dos últimos choques entro os dous equipos | Fonte: lugo.incondicionales.com

Este gol do contrario espertu aos de Quique Setien en 5 minutos máxicos de gran fútbol non visto polas ribeiras do Miño que fixo vibrar a unha afección entregada á causa lucense.

O Lugo fíxose dono do balón e do partido e o pulo dos locais propiciou que os canarios se visen sorprendidos polo turbillón de fútbol lucense . No minuto 31, unha preciosa xogada ao primeiro toque no centro do campo, rematou cunha parede entre Seoane e de Couce e este bateu a Barbosa. Chegaban  así as táboas ao marcador.

Máis goles

E case aínda celebrando o empate, no 36 Oscar Diaz poñería o 1-2 fusilando a Barbosa abrindo a porta a unha remontada máxica e a 20 minutos de fútbol propios case dun Barcelona, salvando as distancias.

Na segunda parte, as Palmas empezou con máis ganas de facerse co partido, pero atopouse a un gran Lugo achicando espazos e a un gran Yoel que fixo dúas paradas de gran mérito.

Foi no minuto 92 cos canarios envorcados na área lucense, cando  nun contraataque, Tonetto centraba e Victor Diaz ponía o 3-1 final.

Gran partido

Gran partido dun Lugo cuxa permanencia en Segunda  xa non é un sono, senón é unha realidade, e que o sábado foi despedido cunha grande ovación dos seus 4000 seguidores.

O Lugo colócase décimo e a tres puntos do playoff de ascenso.

Crónica do noso corresponsal en Lugo Óscar Trigo Losada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta