Campaña na UDC para denunciar os "continuos abusos" do profesorado nos exames online

O sindicato estudantil Acción Universitaria critica que se aumenta a dificultade das probas e se ataca a privacidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/06/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O sindicato estudantil Acción Universitaria iniciou unha campaña na Universidade da Coruña (UDC) para denunciar "as dificultades" na avaliación telemática e visibilizar "as inxustizas da avaliación telemática, con testemuños de estudantes de diversas facultades".

Nun comunicado, aseguran que durante os exames están a sufrir por parte do profesorado "continuos abusos coa escusa de evitar a posible copia". "Medidas que atacan a nosa privacidade, como a obrigación de ter a webcam e o micrófono do computador accesible e outras que directamente van encamiñadas a dificultar o noso traballo, como a redución drástica dos tempos para os exames".

"Nalgúns casos 30 segundos por pregunta", citan como exemplo, ao que engaden o "aumento da dificultade" das probas. A iso, suman que "as dificultades técnicas que poden aparecer no desenvolvemento das probas son ignoradas, sen ofrecer alternativas de calidade para a avaliación no caso de que se presente algún tipo de problema". "En lugar de adaptarse a esta situación excepcional e buscar solucións para salvar a calidade da docencia, as universidades están a dificultar aínda máis este curso".

Por todo iso, esixen "unha docencia de calidade e avaliacións xustas para os estudantes". "A docencia e a avaliación telemática non son útiles e afectan negativamente ao estudantado de extracción obreira". Por outra banda, denuncian "as tendencias privatizadoras e de desmantelamento da educación pública".

Unha estudante utiliza o seu computador portátil. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha estudante utiliza o seu computador portátil. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta