Cs comprometese a que o rural galego "non quede abandonado"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A aspirante de Cs á presidencia da Xunta de Galicia, nas próximas eleccións do 12 de xullo, Beatriz Pino, comprometeu este luns unha aposta "moi forte" para darlle un futuro a Galicia. Pino presentou este luns ao candidato pola provincia de Lugo, José Ángel Gómez, nun acto coa muralla de Lugo como testemuña, onde afirmou que "teñen o mellor candidato posible" pola provincia.

Ademais, a líder da formación laranxa manifestou que "Lugo está afectado" por problemas estruturais "graves" debido ao desmantelamento industrial da zona da Mariña lucense con Alcoa. "Queremos dar unha oportunidade a todas as zonas rurais", manifestou, especialmente na provincia lucense, como destacou a candidata do partido laranxa. Pino sinalou que "o rural" está a quedar abandonado e por iso queren "apostar por el". Tamén afirmou que o seu partido está aquí "para facilitar as cousas aos lucense".

Pola súa banda o candidato José Ángel Gómez, visiblemente nervioso, comentou que "quere contribuír a cambiar as cousas" nun partido, Cs, que pensa "no interese xeral". Gómez sostivo que quere ser útil "axudando a mellorar a vida das persoas".

A candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta, Beatriz Piñeiro, en Lugo.. CIDADÁNS
A candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta, Beatriz Piñeiro, en Lugo.. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

Esa es la diferencia, partidos como C´s se preocupan del rural, para que la gente viva mejor, mientras que al bloque solo le preocupa la salud del gallego y la pandereta.

1 Sentidiño

"El rural" é un concepto de urbanitas amadrileñad@s. C's preocúpase polo noroeste (de Madrid) e pola esquina verde (esquina para eles). Eu vivo nunha aldea no centro do mundo.