Temas: ROUBO OURENSE

Confirmada a pena de 4 anos de cadea para un exdirector de banco que se apropiou de fondos de clientes

Segundo informou o TSXG, a sala sinala que o home é autor dun delito continuado de falsidade en documento mercantil, en concurso medial cun delito continuado de apropiación indebida.

Por E.P. | OURENSE | 22/06/2020 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos de cárcere ao que foi director dunha sucursal bancaria de Entrimo (Ourense) entre 1998 e 2015 por apropiarse de fondos dos seus clientes.

Segundo informou o TSXG, a sala sinala que o home é autor dun delito continuado de falsidade en documento mercantil, en concurso medial cun delito continuado de apropiación indebida.

En concreto, o alto tribunal galego ve acreditado que o sospeitoso realizou disposicións indebidas de fondos depositados en contas dos clientes sen o seu consentimento nin autorización. Ademais, apoderouse de diñeiro entregado en efectivo por estes que non foi rexistrado nas súas contas e realizou pagos de extratipos polos fondos depositados polos clientes á marxe dos contabilizados pola entidade bancaria.

"Non pode entenderse vulnerado o principio de presunción de inocencia, pois a condena do acusado apóiase en proba legalmente practicada e razoablemente valorada", sinala.

Os maxistrados do alto tribunal resaltan que, tal e como consta na resolución de primeira instancia, as manifestacións dos clientes permiten "ter por certa unha mecánica similar en todos os casos".

Ademais, o TSXG lembra que o informe pericial avala o declarado polos clientes e que reflicte "a mecánica comisiva do acusado, pormenorizando o detalle das operacións levadas a cabo".

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Temas: ROUBO OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta